XI RUTA CHAIREGA PDF Imprimir Correo-e

O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS ORGANIZA A

”XI RUTA CHAIREGA"

POR TERRAS DE... A PASTORIZA

RUTA CAMIÑOS DO MIÑO: DE A PASTORIZA A FONMIÑÁ

Domingo, 19 de xuño de 2011            

 O Instituto de Estudios Chairegos, como vén sendo habitual dende a súa fundación, organiza a  tradicional Ruta Chairega, que este ano alcanza xa a súa undécima edición.

Celebrarase o domingo, día 19 de xuño, percorrendo, nesta ocasión, terras de A Pastoriza, pola ruta CAMIÑOS DO MIÑO, que remata en FONMIÑÁ. A distancia total será de 15 km, aproximadamente.

Durante o percorrido da ruta, poderemos apreciar as fermosas paisaxes de Anllo, Baltar –coa súa prai fluvial-, o Castro de Sáa, Crecente e, ao remate, Fonmiñá.

Ao finalizar a ruta, haberá que repoñer forzas coa comida que se realizará nesta ocasión no restaurante Casa Horacio, do Chao de Pousadoiro.

A cuota que haberá que pagar será de 25 € por adulto e 5 € por menor acompañado (inclúe a comida e o autobús).

O traslado dos participantes nesta ruta farase en autobús dende Vilalba deica o inicio da ruta, na Pastoriza, saíndo das inmediacións da Pravia (Casa da Cultura) ás 9,30 horas e retornando pola tardiña.

Os/as interesados/as poden apuntarse contactando con algunha das persoas integrantes da Xunta Directiva do IESCHA.


 
< Anterior   Seguinte >