|
III CERTAME DE PINTURA RÁPIDA DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba convoca o III Certame de Pintura Rápida, de acordo coas seguintes
Bases 1. LUGAR E DATA DA CELEBRACIÓN Sábado, 4 de xuño de 2011, en Vilalba (Lugo) 2. PARTICIPANTES
Poderán participar todos os artistas que o desexen. Acudirán provistos do material necesario, incluíndo o cabalete onde se exporá a súa obra. 3. SOPORTE Só se admite un soporte por concursante. A tea, papel ou taboleiro debe estar montado sobre bastidor ou material ríxido, totalmente en branco e de superficie lisa. O tamaño será dun mínimo de 50 cm. e dun máximo de 116 cm. en calquera dos seus lados. 4. SELADO Os participantes presentaranse o mesmo día do Certame na Praza da Constitución de Vilalba entre as 9:00 e as 11:00 horas para o selado e numeración do soporte. Os que o desexen poderán selar dous soportes, aínda que só poderán presentar un a concurso. 5. TEMA O casco urbano de Vilalba e Paseo Fluvial e zona recreativa da Madalena. O cadro pintarase diante do motivo escollido polo pintor (in situ) e ha ser perfectamente recoñecible, non aceptándose o uso de fotografías, reproducións, etc. para a realización do mesmo. A organización supervisará a situación de cada participante. 6. TÉCNICA As técnicas pictóricas admitidas serán: óleo, acrílico e acuarela. 7. ENTREGA E EXPOSICIÓN O Certame remata ás 17:30 horas, debendo presentarse todos os participantes cos seus traballos sen asinar nos soportais da Praza da Constitución para seren expostos a continuación nos seus cabaletes. Membros da organización recollerán dende as 16:00 horas as obras de aqueles que o desexen. 8. XURADO O Xurado estará composto polo Presidente do Instituto de Estudos Chairegos (ou persoa en quen delegue) e dúas persoas relacionadas co mundo da Arte. 9. DITAME E ENTREGA DE PREMIOS O Xurado reunirase unha vez expostas as obras para elixir as premiadas. O ditame, que será inapelábel, darase a coñecer sobre as 19:00 h., procedendo de contado á entrega dos premios. As persoas premiadas deberán asinar as súas obras. 10. PREMIOS O Certame estará dotado cos seguintes premios:
1º: 1.200 € 2º: 900 € 3º: 700 € Concederanse tamén dous accésits de 500 € cada un e patrocinados por:
* TAR Asesores-Librería Pergamino2 * Representaciones Cabarcos. O Xurado poderá declarar deserto algún dos premios ou accesits. 11. PROPIEDADE DAS OBRAS As obras premiadas pasarán a ser propiedade das entidades que outorguen os premios, que tamén se reservan os dereitos de reprodución. 12. EXPOSICIÓN E VENDA As obras non premiadas poderán continuar expostas para a súa venda ao público até as 20,00 horas, debendo ser retiradas polos autores a partir dese momento. 13. CONFORMIDADE A participación supón a plena aceptación das presentes bases, así como calquera modificación sobre as mesmas que redunde no beneficio do Certame.
|