|
V EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA TAL COMO ERAMOS Fotos para o recordo DENDE O 27 DE AGOSTO AO 17 DE SETEMBRO de 2010 NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA I nauguración: Venres, 27 de agosto de 2008, ás 20.30 horas O Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” inaugura o póximo venres, día 27 de agosto, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa V edición. Esta mostra está integrada pola reprodución de 230 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e que é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba. As fotos son de temática variada (Antroido, Deportes, Celebracións, Actos Relixiosos, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX. Tal como eramos V poderá ser contemplada entre o día 27 de agosto e o 17 de setembro na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, sendo a súa inauguración o venres, 27 de agosto ás 20,30 horas.
|