|
AVELINO FERNÁNDEZ, Memorias dun mestre itinerante PRÓLOGO DE XESÚS ALONSO MONTERO CORDINACIÓN DE JOSÉ-LUIS NOVO CAZÓN E MANUEL ROCA CENDÁN EPÍLOGO DE ANTÍGONA FERNÁNDEZ VENRES, 26 DE MARZO DE 2010-20,30 horas NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE VILALBA 
Vén de publicarse o libro “Avelino Fernández. Memorias dun mestre itinerante”, editado polo Instituto de Estudios Chairegos co patrocinio da SA de Xestión do Plan Xacobeo. O vindeiro venres, día 26 de marzo, ás 20,30 horas, terá lugar a súa presentación no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba. Intervirán: Xesús Alonso Montero, prologuista do libro; José-Luis Novo Cazón e Manuel Roca Cendán, coordinadores da obra, e Antígona Fernández, filla do autor do libro e autora do Epílogo do mesmo. “As memorias de Avelino Fernández (Perlora, 1905 – Vilalba, 1981) semellan unha tráxica novela de aventuras, propiciadas pola súa vinculación ao Maxisterio, como fillo de mestre e mestre el mesmo, pola súa militancia activa no bando perdedor da Guerra Civil, e así mesmo polo seu carácter inconformista que o moveu a buscar permanentemente un mundo mellor e se cadra utópico.Estas circunstancias talvez expliquen a súa andaina vital e profesional, peregrinando por terras que case sempre lle resultaron alleas e perigosas: soldado e cabo no norte de África, sarxento en Avila; mestre en Olleros, Montouto, Reformatorio de Lugo, Ouriz e Goiriz; practicante en Portomarín; carteiro en Lugo e Marín; pagador habilitado na montaña leonesa, actuando ás ordes do legendario Berlamino...Con todo e con iso, a historia esencial de Avelino Fernández foi a dun mestre itinerante, cuxa singradura percorreu na compaña de dúas mulleres ben queridas para el: Adoración, a súa dona, e Antígona (“Tonina”), a súa única filla, logo da prematura morte de Lenín, o primoxénito do matrimonio.”
|