|
PRESENTACIÓN DO LIBRO
CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCES DE MURAS de Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez VENRES, 15 DE XANEIRO DE 2010-20,30 horas O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba abriu o programa de actividades do novo ano 2010 coa presentación do libro “Cruceiros, cristos e cruces de Muras” de Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez. O libro, editado polo propio IESCHA, co patrocinio da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, consta de máis de trescentas cincuenta páxinas e está dividido en varios apartados: o primeiro recolle as imaxes de todos os cruceiros, cruces e cristos do concello de Muras. Cada imaxe vai acompañada dunha ficha recollendo todas as características de forma detallada. Nun segundo apartado insírese un completo resumo de todos os cruceiros, cristos e cruces anteriores. Nun terceiro capítulo relaciónanse os cruceiros desaparecidos. Por último, no cuarto capítulo publícase unha extensa bibliografía sobre esta temática. O libro está prologado polo escritor chairego DARÍO XOHÁN CABANA.Os autores xa están traballando no seguinte volume, que tamén editará o IESCHA, sobre os cruceiros de Vilalba. O acto tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba o venres, día 15 de xaneiro, ás 20.30 horas e interviron no mesmo: Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, autores do libro; Darío Xohán Cabana, prologuista do mesmo, e Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA.
|