|
II RUTA POR GALICIA ADIANTE |
|
|
|
|
II RUTA POR GALICIA ADIANTE ANDANDO A TERRA…DE CAMARIÑAS PRAIA DO TRECE-CABO VILÁN Domingo, 27 de setembro de 2009 O Instituto de Estudios Chairegos organizou o domingo, día 27 de setembro, a II Ruta “Por Galicia adiante - Andando a Terra”: Praia do Trece-Cabo Vilán, na comarca de Camariñas. As sesenta persoas que participaron nesta II RUTA, poideron contemplar as fermosas paisaxes que ofrece esta zona da Costa da Morte, nun día de sol matizado por unha agradable brisa: a praia do Trece, o Cemiterio dos Ingleses, a praia de Reira, a de Area Longa, a de Balea, a de Pedrosa,a punta Forcados e o Cabo Vilán. Rematad a ruta, chegou a hora dunha suculenta e reparadora comida no restaurante A Chalana de Camelle, onde os camiñantes puideron degustar os suculentos manxares preparados para repoñer as forzas perdidas, aínda que nesta ocasión, según criterio dos especialistas na materia, a ruta foi moi levadeira en canto á dificultade do seu trazado, desexando moitos deles que as vindeiras sexan sempre así. VER TRÍPTICO_1 VER TRÍPTICO_2
|