Inauguración da EXPOSICIÓN de Santiago CatalánAUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA do 28 de agosto ao 18 de setembro O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba, coincidindo coas festas patronais de San Ramón e Santa María, organizou a exposición “LUNARES” de Santiago Catalán. O acto de inauguración tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres día 28 de agosto e nel interviron: Paco Martín, Manolo Roca e Santiago Catalán. A exposición estará aberta ao público dende o mesmo día 28 de agosto ata o 18 de setembro no horario de costume do Auditorio Municipal. Todas as persoas que visiten a exposición terán ao seu dispor un folleto informativo no que se recolle unha mostra dos cadros do pintor e un texto de Paco Martín sobre o artista e a obra que se expón.
SANTIAGO CATALÁN TOBÍA naceu o 16 de xaneiro de 1954 en Madrid. Estudou Deseño Gráfico e Debuxo, Arquitectura Superior pola Escola de Arquitectura de Madrid. Acadou diversos galardóns en concursos de deseño e arquitectura e mencións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ademais dunha mención de honra no Premio Internacional de Debuxo Pérez Villamil de Ferrol. Realizou o acondicionamento de espazos públicos en diversas cidades galegas e exposicións de debuxos e pinturas en Lugo, Santiago, A Coruña, Madrid, Vilalba, etc.
|