Fins e obxectivos PDF Imprimir Correo-e

  

Fins

O Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” ten fixados como fins nos seus Estatutos: a investigación, o estudo, a conservación, a defensa e a difusión da Cultura Galega, especialmente no que se refire á lingua, á historia e ás tradicións de Galicia, en xeral, e da Terra Chá, en particular.

Obxectivos

Para unha maior claridade dos fins propostos, exprésanse máis concretamente nos obxectivos seguintes:

  1. Conservación, custodia e difusión pública de materiais e mostras etnográficas e artesanais.
  2. Promoción, estudio e divulgación do Camiño Norte de Santiago.
  3. Labor de concienciación diante de autoridades e particulares sobre a axeitada protección do patrimonio natural e histórico-artístico.
  4. Relación particularizada cos centros de ensino da Terra Chá coa finalidade de motivar aos estudantes na importancia da conservación e divulgación do patrimonio cultural.
  5. Confección dun mapa histórico-etnográfico da Terra Chá no que conste a identificación de todos os monumentos.
  6. Elaboración dun inventario de elementos do patrimonio histórico-artístico relacionados co Camiño Norte de Santiago nos seus itinerarios dente Ribadeo até Melide e Arzúa.
  7. Elaboración dun censo patrimonial da Terra Chá coa relación nominal de todas as construcións, conxuntos histórico-artísticos, naturais e paisaxísticos relacionados co ámbito de estudio do IESCHA.
  8. Recuperación de publicacións periódicas, do patrimonio audiovisual e de calquera outro de interese para a cultura chairega.