CONFERENCIA SOBRE RAMON PIÑEIRO PDF Imprimir Correo-e

Conferencia

RAMÓN PIÑEIRO E A GALICIA DO S.XX

VENRES, 29 DE MAIO DE 2009 -20,30 horas

SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL E RECREATIVO DE VILALBA

 

O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba organizou unha nova conferencia o venres, día 29 de maio, ás 20.30 horas no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba. Foi impartida polo escritor e filósofo vilalbés, ANTÓN BAAMONDE e levaba por título RAMÓN PIÑEIRO E A GALICIA DO SÉCULO XX. A presentación correu a cargo de Bernardo García Cendán.

O IESCHA culmina así os actos organizados no mes das Letras Galegas: primeiro foi Pilar García Negro, quen nos falou das evidencias e necesidades do idioma galego; logo, organizamos unha a viaxe a Santiago de Compostela para asistir á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do noso idioma, acto para o que tamén deseñamos unhas camisetas co lema “Fala galego, non sexas pailán”. 

                                                        BREVE RESEÑA BIOGRÁFICA

 Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes, Sobre o tempo e outros desatinos, A rosa sen porqué e o libro de entrevistas, La reinvención de España; ademais de participar no libro colectivo Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista. Animou a revista e o foro "Luces de Galicia" e colaborou na sección de opinión de La Voz de Galicia. Colabora no diario El Pais, na edición de Galicia. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.  

 

 

 

VER CARTEL ANUNCIADOR          VER VIDEO ENTREVISTA CON ANTÓN BAAMONDE


 
< Anterior   Seguinte >