|
POLA DEFENSA DO NOSO IDIOMA |
|
|
|
|
VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA MASIVA PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA DOMINGO, 17 DE MAIO DE 2009 -9,30 horas SAÍDA DA CASA DA CULTURA DE VILALBA O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba, organizou unha viaxe a Santiago de Compostela para asistir á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do noso idioma, que tivo lugar o domingo, día 17 de maio. A saída de Vilalba, produciuse o propio domingo, ás 9.30 horas dende a Casa da Cultura, regresando de Santiago ás 17 horas do mesmo día. O prezo do autobús foi de 5 € para os/as socios/as do IESCHA, e 10 € para os non socios. Para os menores acompañados foi de balde. Para este mesmo acto o IESCHA deseñou unhas camisetas co lema “Fala galego, non sexas pailán”. A manifestación foi unha das máis numerosas que se recordan en Galicia, coa asistencia de preto de 50.000 persoas que, baixo unha choiva persistente, esixiron algo tan elemental como a defensa da lingua propia dos galegos: o idioma galego.
|