|
VENRES, 8 DE MAIO DE 2009 - 20,30 horas CASA DA CULTURA DE VILALBA O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba, dentro dos actos previstos para o mes das Letras Galegas’2009, ten contemplado, á parte doutras actividades, a organización de conferencias. A primeira delas, tivo lugar o venres, día 8 de maio, ás 20,30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura e foi impartida por Mª Pilar García Negro, baixo o título de: “O idioma galego hoxe: evidencias e necesidades”. A presentación correu a cargo de Araceli Paz Veres, profesora do IES Basanta Silva de Vilalba. Asistiu numeroso público que seguiu atentamente as "evidencias e necesidades" da nosa lingua que a conferenciante ía explicando polo miudo. Ao remate da charla, houbo tempo para o coloquio. VER CARTEL ANUNCIADOR
Para o último venres do mes de maio, día 29, ás 20,30 horas, no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, está prevista a segunda das conferencias, impartida polo escritor vilalbés Antón Baamonde, quen nos falará da figura homenaxeada neste ano nas Letras Galegas: Ramón Piñeiro.
|