Na ultima Asemblea do IESCHA, celebrada o pasado 25 de marzo, aprobouse o seguinte plano de actividades para o presente ano 2011:
XANEIRO
-Presentación Caderno de Estudos Chairegos nº5
-Envío lote libros 2010 aos socios: Caderno nº 5, Calendario 2011 –xentileza de Junor-, Poemario “con fausto, por este río acima” de Mª Xosé Lamas
MARZO
-Asemblea Xeral (25 de marzo de 2011, 20 – 20,30 horas, Casa da Cultura)
Inclúe: Proposta de socio de honra do Iescha: Agustin Fernández Paz
ABRIL
-Exposición do COLECTIVO 2065 (Carme Cabaneiro) do 2 ao 30 de abril de 2011, no Auditorio Municipal
MAIO
-6 de maio: presentación de “Os Olano: De Zaldivia a Vilalba”, de Novo Cazón -13 de maio: presentación libro de Carlos Callón (MNL) “En castellano no hay problema”
-Posible Debate eleccións municipais: PP- PSOE- BNG
-Letras Galegas: Entrega de diploma socio honra Agustín Fernández Paz
-Edición e presentación do libro de Rafael Yáñez: “Da Chá ao Lonxe”
XUÑO
-XI Ruta Chairega
XULLO
-III Certama Pintura Rápida de Vilalba
AGOSTO
-Exposición San Ramón: Pintura // Escultura
SETEMBRO
-VI DÍA DA CULTURA CHAIREGA: Posibilidade de facer un acto con Jorge Coira e Luis Tosar (proxección da película “18 comidas”, etc.)
OUTUBRO
-IV Ruta por Galicia Adiante: Fragas do Eume -Edición e presentación libro Novo Cazón: “Fidalguía da Terra Chá (Os Raña)”
NOVEMBRO
-Edición e presentación libro Vicente Piñeiro “A Cova do Adeus”
DECEMBRO
-Edición e presentación Boletín Pena do Encanto nº6
-Edición e presentación libro “Cruceiros de Vilalba” (I) de Fernando Arribas, Xosé M. Blanco e Mario Saavedra