|

PRESENTACIÓN DO LIBRO ”O SANTO ANXO DE PENARREDONDA” Trescentos anos de devoción popular DE FELIX VILLARES MOUTEIRA O vindeiro venres, día 6 de febreiro de 2009, a partir das 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” presentará o libro “O Santo Anxo de Penarredonda: Trescentos anos de devoción popular”, do que é autor Félix Villares Mouteira, natural de Belesar, responsable da revista Amencer, editada polo Seminario de Santa Catalina e cóengo mindoniense encargado do patrimonio cultural diocesano. A obra, editada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, inclúe unha soleira a cargo de Segundo Pérez López e un limiar do propio autor do libro explicando detalladamente distintos aspectos relacionados cos 300 anos da historia desta capela, situada na parroquia de Belesar. As fotografías que ilustran o libro foron realizadas por Inma Purriños. No acto de presentación participarán, ademais do autor: Uxío García Amor, párroco de Vilalba; Inma Purriños, fotógrafa; Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA, e Ignacio Rodríguez Eguíbar, director-xerente da SA de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Consellería de Industria da Xunta de Galicia. VER CARTEL ANUNCIADOR
|