|
NOTA INFORMATIVA PROXECCIÓN DO DVD RACING CLUB VILLALBÉS-75 ANIVERSARIO 23 DE MAIO DE 2008-20,30 horas CENTRO CULTURAL E RECREATIVO DE VILALBA
O vindeiro venres, día 23 do presente mes de maio, ás 20,30 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, terá lugar, nun acto organizado polo Instituto de Estudios Chairegos, a PROXECCIÓN do DVD “Racing Club Villalbés-75 Aniversario”, complemento doutro acto anterior como foi a presentación do libro Historia Gráfica do RACING CLUB VILLALBÉS, de Manuel Roca Cendán e Francisco Xosé Roca Constenla. De feito o libro e o DVD van no mesmo lote, aínda que tamén se pode adquirir o DVD por separado. O DVD “Racing Club Villalbés-75 Aniversario” está compóñeno unha serie de entrevistas a persoas que tiveron relación nalgunha etapa da súa vida co Racing: ben como xogadores, ou como directivos, ou mesmo como presidentes. Complétase o DVD cunha gran cantidade e variedade de fotos, imaxes referidas aos 75 anos de historia do Racing. Todas aquelas persoas que aínda non o teñan e estean interesadas en conseguilo poderán mercalo no referido acto.
|