|
EXPOSICIÓN [entre dous séculos] ESCULTURAS DE XOÁN VILA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA DO 22 DE FEBREIRO ATA O 7 DE MARZO DE 2008 
O venres, día 22 de febreiro, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudios Chairegos inaugurou a exposición escultórica [ENTRE DOUS SÉCULOS] do artista XOÁN VILA, acto no que tamén se presentou o catálogo da mesma e ao que asistiu unha gran cantidade de público. Na exposición recóllense 32 pezas escultóricas compostas ao longo dos últimos trece anos (1994-2007, entre dous séculos). As pezas están agrupadas en tres seccións: Luces e sombras (1-20), Interiores (21-22) e Luz e vida (23-33). No acto de presentación interviron: Darío Xohán Cabana , Xosé M. Felpeto Enríquez e o propio Xoán Vila. O Instituto de Estudios Chairegos, tentando acercar ao público as obras de creación literaria, escultórica e pictórica e doutras manifestacións artísticas, acolle gozoso esta singular mostra de esculturas de Xoán Vila, e convida a todos e a todas a contemplala na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba ata o 7 de marzo. |