EXPOSICIÓN XOÁN VILA PDF Imprimir Correo-e

EXPOSICIÓN

[entre dous séculos]

 

ESCULTURAS DE XOÁN VILA

 

SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

DO 22 DE FEBREIRO ATA O 7 DE MARZO DE 2008


O venres, día 22 de febreiro, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba,  o Instituto de Estudios Chairegos  inaugurou a exposición escultórica [ENTRE DOUS SÉCULOS] do artista XOÁN VILA, acto no que tamén se presentou o catálogo da mesma e ao que asistiu unha gran cantidade de público.  

Na exposición recóllense 32 pezas escultóricas compostas ao longo dos últimos trece anos (1994-2007, entre dous séculos). As pezas están agrupadas en tres seccións: Luces e sombras (1-20), Interiores (21-22) e Luz e vida (23-33). 

No acto de presentación interviron: Darío Xohán Cabana , Xosé M. Felpeto Enríquez e o propio Xoán Vila. 

O Instituto de Estudios Chairegos, tentando acercar ao público as obras de creación literaria, escultórica e pictórica e doutras manifestacións artísticas, acolle gozoso esta singular mostra de esculturas de Xoán Vila, e convida a todos e a todas a contemplala na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba ata o 7 de marzo.

 
 
< Anterior   Seguinte >

Acceso






¿Recuperar a chave?
¿Quérese rexistrar?
Rexístrese aquí

¿Quen está en liña?