O vindeiro venres, día 16 do presente mes de decembro, na Casa da Cultura de Vilalba, a partir das 20,30 horas, o Instituto de Estudios Chairegos presentará o libro A liñaxe fidalga dos Raña, número dezaoito da Biblioteca Chairega. Desta obra é autor José-Luis Novo Cazón, quen, dende hai algúns anos a través de artigos na prensa e monografías, vense ocupando do estudo deste grupo social dominan-te no transcurso do Antigo Réxime. A liñaxe dos Raña, espallada por distintas parroquias da Chaira, de Alfoz, do Valadouro, das Pontes e tamén pola cidade de Mondoñedo, formaba parte precisamente del, ocupando cargos militares, curatos, rexedurías nos concellos, escriba-nías e outros oficios. Hoxe en día, aínda que moitos deles non o saiban, quedan descendentes daquela fachendosa liñaxe en diver-sos lugares de Galicia e nomeada-mente da Terra Chá. A todos eles o autor deste libro invítaos dun xeito especial á súa presentación. No acto intervirán, ademais do autor: Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA; Javier Gómez Vila, doutor e profesor de Historia; e Miguel Anxo Domínguez Lama, licenciado en Belas Artes, deseñador da cuberta e descendente dos Raña por liña paterna.