|
NOVO LIBRO DE FÉLIX VILLARES MOUTEIRA |
|
|
|
|
”UN ALPENDRE DE SOMBRA E DE LUAR” "A ESCOLA LITERARIA DA DIÓCESE DE MONDOÑEDO-FERROL"
 
O día 22 de xuño pasado, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” presentou o libro Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da diocese de Mondoñedo-Ferrol, do que é autor Félix Villares Mouteira, natural de Belesar e, na actualidade, responsable da revista Amencer e cóengo mindoniense encargado do patrimonio cultural diocesano. A obra, editada por Biblos Clube de Lectores e prologada polo xornalista ferrolán Ramón Loureiro, recolle as biografías e senllas escolmas de poemas de cincuenta e dous escritores que pasaron polas aulas do Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo, dos que dezaseis son chairegos de nacenza ou de vivencia (Chao Ledo, Crecente Vega, Trapero Pardo, Iglesia Alvariño, Díaz Castro, González Quelle, García Amor, García Cendán ...). No acto de presentación, moi concurrido, participaron, ademais do autor: o devandito Ramón Loureiro; Tucho Calvo, director de Biblos; Bernardo García Cendán, profesor de Socioloxía e un dos poetas incluídos no libro; e José-Luis Novo Cazón, presidente do IESCHA. |
|
O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS ORGANIZOU A VII RUTA CHAIREGA: SAN ALBERTE-SETE MUÍÑOS
 |
|
Ler máis...
|
|
O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS PRESENTOU UNHA NOVA PUBLICACIÓN DA BIBLIOTECA CHAIREGA:
  |
|
Ler máis...
|
|
|
 
O venres, día 1 de xuño, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” presentou o libro Em tránsito, do que é autora Raquel Miragaia, escritora de raíces chairegas, aínda que de veciñanza en Ribeira, onde exerce como profesora de Ensino Secundario. Con anterioridade, o IESCHA xa contribuíu a dar a coñecer a obra desta escritora, presentando a súa novela, Diário comboio. Nesta segunda obra, unha composición integrada por nove relatos curtos, Raquel Miragaia preséntanos nove persoas “en tránsito”, vítimas da desorientación, que habitan espazos non pensados para elas, pero que logran imporse sobre o mundo no que se desenvolven, porque a realidade non é como parece, senón como a facemos. No acto, ao que asistiu bastante público, participaron, ademais da propia autora: o profesor Xosé María Felpeto Enríquez e José-Luis Novo Cazón, presidente do IESCHA. |
|
EDICIÓN DUN MARCAPÁXINAS CONMEMORATIVO NO DÍA DAS LETRAS GALEGASEn homenaxe a María Mariño, escritora a quen se lle adica o Día das Letras Galegas no presente ano 2007, o Instituto de Estudios Chairegos editou un marcapáxinas conmemorativo, que foi repartido entre os escolares dos colexios de infantil e primaria da vila.  |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 73 - 80 de 80 |