Novas
ASEMBLEA XERAL 2011 PDF Imprimir Correo-e

 A Asemblea Xeral Ordinaria do Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba, o día 25 de marzo de 2011, ás 20,15 horas en primeira convocatoria -20,30 horas en segunda-, coa seguinte:

 

 
ORDE DO DÍA 
 

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
 

1.- Lectura da Acta da anterior Asemblea.
2.- Memoria de Actividades do ano 2010.
3.- Plano de Actividades para o ano 2011.
4.- Estado de contas. Balance económico ano 2010.
5.- Presuposto ano 2011.
6.- Propostas da Xunta Directiva.
7.- Rogos e preguntas.

 


 
ACTIVIDADES 2010 PDF Imprimir Correo-e

PLANO DE ACTIVIDADES 2010 

XANEIRO 15
Presentación libro “Cruceiros, cristos e cruces de Muras” de Fernando Arribas, Xosé Manuel Blanco e Mario Saavedra. 15 de xaneiro, 20,30 Casa da Cultura, Vilalba  

FEBREIRO 19
Conferencia “GALICIA-XAPÓN UNHA PONTE CULTURAL” a cargo do antropólogo xaponés TADASHI YAMAMOTO. 

MARZO 5
Debate sobre a lei de caixas. Organizado en colaboración con Radio-fusión e Terra Chá Xa. 5 de marzo de 2010. No Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, As 20,30 horas. Participaron: Agustín Baamonde, PP. Sonia Verdes, PSOE e Fernando Blanco, BNG

MARZO 26
Presentación libro  “Avelino Fernández, memorias dun mestre itinerante”Casa da Cultura, 26 de Marzo de 2010. 20,30. Interveñen: Xesús Alonso Montero, Novo Cazón, Antígona Fernández e Manolo Roca 

ABRIL 4
Stand do IESCHA na Feira do QUEIXO

ABRIL 16
Asemblea Xeral Ordinaria

Proposición de nomeamento de socio de honra a Anxo Lamas.

Cea conmemorativa X Aniversario fundación IESCHA

ABRIL 23
Debate sobre a crise económica: Olga Iglesias Fontal, deputada no Congreso polo PPdeG; Margarita Pérez Herráiz, deputada do PSdeG na mesma cámara; e Fernando Blanco Parga, ex deputado do BNG no Parlamento de Galicia

MAIO 21
Letras Galegas: Recital poético “CAEN AS FOLLAS” sobre Uxío Novoneira (Ricardo Polín). Coa colaboración do Centro Dramático Vilalbés 

XUÑO 4
Debate sobre “O Conflito do Idioma”: Con Agustín Baamonde, representante do PP; Carlos Ferreiro, do PSOE,  e Antón Bao, do BNG

XUÑO 11
Presentación da Obra Completa de Xosé Luís GARCÍA MATO. Editada pola Deputación de Lugo-Área e Cultura, por iniciativa do IESCHA

XUÑO 18

Presentación do proxecto da casa Museo de Manuel María en Ouetiro de Rei

XUÑO 20
X Ruta Chairega: Ruta do Azúmara

XUÑO 23
Inauguración da I Exposición Tal Como Eramos-Guitiriz (ata o 15 de Agosto) 

XULLO 1
Viaxe Km 0, Deputación de Lugo 

AGOSTO 27
V Exposición TAL COMO ERAMOS-Vilalba (ata o 17 de setembro) 

SETEMBRO 10
Día da Cultura Chairega-VI Cabodano do paramento de Manuel María (Actuación de A Quenlla) 

OUTUBRO 2
II Certame de Pintura Rápida

OUTUBRO 9
Exposición PALAVRAS de Carme Cabaneiro e Beatriz Saa (ata o 29 de outubro)

OUTUBRO 24
III Ruta Por Galicia Adiante. Andando as terras de… Lóuzara- Roteiro Literario Fiz Vergara Vilariño

DECEMBRO 30
Presentación libro editado polo IESCHA: “con fausto, por este río acima” de Mª Xosé Lamas

Edición dos libros: (presentación no 2011)
-Caderno de Estudos Chairegos, nº 5
-"Os Olano: de Zaldivia a Vilalba" de José-Luis Novo Cazón

 

 
CADERNO DE ESTUDOS CHAIREGOS, 5 PDF Imprimir Correo-e

 PRESENTACIÓN DA PUBLICACIÓN BIANUAL

“CADERNO DE ESTUDOS CHAIREGOS-5” 

VENRES, 28 DE XANEIRO DE 2011 - 20,30 horas

 CASA DA CULTURA DE VILALBA

 

O vindeiro venres, día 28 de xaneiro, na Casa da Cultura de Vilalba, a partir das 20,30 horas, o Instituto de Estudios Chairegos presentará o número cinco da publicación bianual, Caderno de Estudos Chairegos. 

 

Nesta entrega insírense as seguintes colaboracións:

 

LIMIAR

Bernardo García Cendán  

 

INVESTIGACIÓN

A Chouzana na Lembranza, José-Luis Novo Cazón

Os cruceiros da Terra Chá (Abadín), Fernando Arribas, J.Manuel Blanco e M.Saavedra

O Caneiro de Santo André, Orlando Viveiro Veiga

A Torre-Fortaleza de Vilalba, Vanesa Cotoya Díaz  

 

PREGÓN

XXXVI Certame Literario-San Ramón 2010, José-Luis Novo Cazón  

 

RECENSIÓNS

Varias obras, Varios autores  

 

NOVA POESÍA

Luz Airado Bello  

 

TAL COME ERAMOS

Fotos para o recordo-V Exposición-Vilalba

Fotos para o recordo-I Exposición, Guitiriz 


 
con fausto, por ese rio acima PDF Imprimir Correo-e

O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS ORGANIZA A

Presentación do libro de poemas

 

 con fausto, por este río acima 

 

de Mª XOSÉ LAMAS

 XOVES, 30 DE DECEMBRO DE 2010 – 20,30 horas

NA CASA DA CULTURA DE VILALBA 

 O vindeiro xoves, 30 de decembro, ás 20.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba,  terá lugar a presenta-ción  do libro “Con Fausto, polo rio acima”, poemario da vilalbesa Mª Xosé Lamas, que edita o Instituto de Estudos Chairegos, esta vez coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e que fai o nº 15 da súa Biblioteca Chairega.

En palabras de Mario Paz González, no postfacio do libro “(…) María Xosé Lamas propón neste poemario, unha visión do traxecto da vida coma soño, un soño lembrado coma un impasse vital, unha eternidade baleira de referencias espazo temporais, de ataduras ao inmediato, como vemos en “Un novo prego ao mar” e, sobre todo, en “Lembrando soños”. Pero a vida será tamén, parece concluír, un camiño, unha viaxe guiada polo fado, polo imprevisible cara á eternidade.

(…) María Xosé Lamas constrúe, unha obra autónoma das pezas nas que se inspira, cunha voz lírica firme na que, no referido a aspectos formais –e do mesmo xeito que en Datando lembranzas–, o lector poderá descubrir a procura consciente dunha sonoridade, que ten moito de musical, e que –os que a coñecemos sabémolo– vai transformándose nunha constante deste poemario e, case poderiamos dicir, de toda a obra da autora. Para iso a poeta bota man de certos recursos retóricos entre os que podería destacarse a sutil combinación dunha rima nada artificiosa, natural, apenas perceptible ao oído, esvaecida na continuidade dos versos, diluída en diversas estruturas métricas nas que se move con vizosa soltura combinando, coma nun xogo sen fin, o heptasílabo e o endecasílabo co versolibrismo amétrico, as fermosas estrofas arromanzadas coa eterna frescura do haiku xaponés. 

Intervirán no acto:

Mª Xosé Lamas, autora da obra

Moncho Paz, xornalista

Bernardo García Cendán, sociólogo

Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA

 


 
III RUTA POR GALICIA ADIANTE PDF Imprimir Correo-e

 

III RUTA POR GALICIA ADIANTE
ANDANDO A TERRA…DO VAL DE LÓUZARA
ROTEIRO LITERARIO
FIZ VERGARA VILARIÑO
Domingo, 24 de outubro de 2010

 

O Instituto de Estudios Chairegos organiza para domingo, día 24 de outubro, a III Ruta “Por Galicia adiante - Andando a Terra... do Val de Lóuzara”: Roteiro Literario Fiz Vergara Vilariño.

As persoas que participen nesta III RUTA, poderán contemplar as fermosas paisaxes do Val de Lóuzara, un lugar máxico, cunha accidentada orografía e con altas montañas desde as que descenden incontables regatos que regan despois os fondos vales. Así mesmo, poderán contemplar as diversas esculturas que percorren o roteiro artístico-literario auspiciado pola Asociación Cultural Ergueitos na honra do poeta Fiz Vergara Vilariño.

A saída do autobús hacia Lóuzara-Samos, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9.30 horas do domingo, 24 de outubro de 2010. A ruta iniciarase no alto de Aira Padrón, descendendo ata a parroquia natal do poeta Fiz Vergara Vilariño, en Santalla de Lóuzara. A continuación, terá lugar a comida na Casa Rural de Aira Padrón.

O custo por participante fixouse en 25 €, para os/as socios/as do IESCHA, e 35 € para os non socios (inclúe comida e autobús). Os nenos e nenas menores de 16 anos pagarán 5 €.

As persoas interesadas en participar ou informarse da Ruta poderán facelo nos teléfonos: 639-246459 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva, ata o sábado, 16 de outubro.

VER TRÍPTICO 1               VER TRÍPTICO 2

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Resultados 19 - 27 de 75