Novas
|
PRESENTACIÓN DO LIBRO
CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCES DE MURAS de Fernando Arribas Arias, José Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez VENRES, 15 DE XANEIRO DE 2010-20,30 horas O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba abriu o programa de actividades do novo ano 2010 coa presentación do libro “Cruceiros, cristos e cruces de Muras” de Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez. O libro, editado polo propio IESCHA, co patrocinio da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, consta de máis de trescentas cincuenta páxinas e está dividido en varios apartados: o primeiro recolle as imaxes de todos os cruceiros, cruces e cristos do concello de Muras. Cada imaxe vai acompañada dunha ficha recollendo todas as características de forma detallada. Nun segundo apartado insírese un completo resumo de todos os cruceiros, cristos e cruces anteriores. Nun terceiro capítulo relaciónanse os cruceiros desaparecidos. Por último, no cuarto capítulo publícase unha extensa bibliografía sobre esta temática. O libro está prologado polo escritor chairego DARÍO XOHÁN CABANA.Os autores xa están traballando no seguinte volume, que tamén editará o IESCHA, sobre os cruceiros de Vilalba. O acto tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba o venres, día 15 de xaneiro, ás 20.30 horas e interviron no mesmo: Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, autores do libro; Darío Xohán Cabana, prologuista do mesmo, e Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA. |
|
|
NOVAS PUBLICACIÓNS DO IESCHA |
|
|
|
|
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, presentou esta mañá na Casa da Cultura de Vilalba, acompañado do presidente do Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA), Manuel Castro Santamariña, a reedición dos números 1 e 3 do Caderno de Estudos Chairegos, que levou a cabo a asociación homónima co apoio da Área de Cultura da Deputación. A reedición destes dous números, así como outras edicións e actividades promovidas pola entidade cultural vilalbesa, fíxose realidade grazas á estreita colaboración entre a Área de Cultura da Deputación e o Instituto de Estudos Chairegos. Na súa intervención, Bao destacou o “traballo abnegado do Instituto de Estudos Chairegos a prol da recuperación, revitalización e investigación do noso patrimonio cultural, sinal de identidade que nos identifica como pobo”. Por iso, Bao manifestou que “desde a entrada no goberno da Deputación, desde a Área de Cultura sempre tivemos claro que para dinamizar culturalmente Lugo e o País era necesario apoiar o asociacionismo, xerme de ideas e motor cultural e social”. Deste xeito, Antón Bao remarcou que “a Deputación de Lugo estará sempre axudando a todos aqueles colectivos que, como o IESCHA, traballan para manter vivos unha cultura, un idioma – e máis nestes tempos nos que se está vendo continuamente ameazado a teor da resposta social que hoxe vai haber a favor do fomento da lingua- e todos aqueles elementos culturais que edificaron a nosa historia como pobo e cuxa preservación e valorización resultan fundamentais para manter viva a nosa identidade”.
(Artigo e foto recollidos de AVOZDEVILALBA do 30/12/2009) |
|
|
MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA |
|
|
|
VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA DOMINGO, 18 DE OUTUBRO DE 2009 -9,30 horas SAÍDA DA CASA DA CULTURA DE VILALBA
O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba, como xa fixera no mes de maio do presente ano, organizou unha viaxe a Santiago de Compostela para asistir á manifestación convocada en defensa do noso idioma, que tivo lugar o día 18 de outubro de 2009. A manifestación, convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego”, reuniu a máis de 50.000 personas, procedentes de todos os recunchos de Galicia, deixando constancia do seu rexeitamento á política lingüística do actual Goberno da Xunta, e o apoio total á defensa da lingua Galega. Estiveron presentes representantes de innumerables colectivos culturais, sociais e políticos que quixeron deixar moi clara a súa posición inequivocamente favorable ao noso idioma.
|
|
|
II RUTA POR GALICIA ADIANTE |
|
|
|
|
II RUTA POR GALICIA ADIANTE ANDANDO A TERRA…DE CAMARIÑAS PRAIA DO TRECE-CABO VILÁN Domingo, 27 de setembro de 2009 O Instituto de Estudios Chairegos organizou o domingo, día 27 de setembro, a II Ruta “Por Galicia adiante - Andando a Terra”: Praia do Trece-Cabo Vilán, na comarca de Camariñas. As sesenta persoas que participaron nesta II RUTA, poideron contemplar as fermosas paisaxes que ofrece esta zona da Costa da Morte, nun día de sol matizado por unha agradable brisa: a praia do Trece, o Cemiterio dos Ingleses, a praia de Reira, a de Area Longa, a de Balea, a de Pedrosa,a punta Forcados e o Cabo Vilán. Rematad a ruta, chegou a hora dunha suculenta e reparadora comida no restaurante A Chalana de Camelle, onde os camiñantes puideron degustar os suculentos manxares preparados para repoñer as forzas perdidas, aínda que nesta ocasión, según criterio dos especialistas na materia, a ruta foi moi levadeira en canto á dificultade do seu trazado, desexando moitos deles que as vindeiras sexan sempre así. VER TRÍPTICO_1 VER TRÍPTICO_2 |
|
O venres, 11 de setembro de 2009, O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS organizou o DÍA DA CULTURA CHAIREGA, que se instituiu na memoria de Manuel María, o autor do poemario "Terra Chá", auténtico creador literario desta comarca e do que se cumplen agora cinco anos do seu falecemento. O acto tivo lugar nun ateigado Auditorio Municipal de Vilalba, que luceu as súas mellores galas para acoller este emotivo e merecido homenaxe ao gran bardo da Terra Chá. O acto foi patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e pola Fundación Caixa Galicia, e consistiiu no seguinte: · Presentación do libro ANDANDO A TERRA (CHÁ), recollendo máis de medio cento de artigos de temática chairega escritos por Manuel María e publicados en "A NOSA TERRA" entre os anos 1978 e 1989. Interviñeron no acto: o Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA o Afonso Eiré, vicepresidente de PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, entidade editora de A NOSA TERRA o Manuel Roca Cendán, vocal do IESCHA e coordinador da edición. o Saleta Goi, viúva de Manuel María. · Actuación da BANDA DE MÚSICA DE VILALBA. |
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>
| | Resultados 37 - 45 de 75 |
|
|