Novas
I RUTA POR GALICIA ADIANTE PDF Imprimir Correo-e

1ª RUTA “POR GALICIA ADIANTE ”

DEVESA DA ROGUEIRA (Serra do Courel)

Domingo, 19 de outubro de 2008

Organiza: Instituto de Estudos Chairegos


 

 


O Instituto de Estudios Chairegos, que leva organizadas oito edicións da “Ruta Chairega” para, entre outros obxectivos, percorrer e disfrutar dos fermosos paraxes espallados pola Terra Chá, incluíu no plano de actividades deste ano 2008 a realización da I Ruta “Por Galicia adiante”, para, deste xeito, facer extensivo o disfrute a todos aqueles sitios de interese que abundan por todo  Galicia.

E así, as persoas que participen nesta I RUTA “POR GALICIA ADIANTE”, poderán contemplar a beleza maxestuosa da Serra do Courel, percorrendo os sendeiros da Devesa da Rogueira. verdadeira reserva biolóxica de O Courel, cun dos mellores bosques autóctonos no que conviven unha gran variedade de especies arbóreas e plantas.

A saída do autobús hacia O Courel, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura, e está programada para as 9,15 horas do domingo 19 de outubro. Cada participante deberá levar a súa comida. O custo por participante fixouse en 5 €, para os/as socios/as do IESCHA, e 10 € para os non socios.

As persoas interesadas en participar ou informarse da Ruta poderán facelo nos teléfonos: 639-246459 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva.

 

VER CARTEL ANUNCIADOR                         VER VIDEO DA DEVESA DA ROGUEIRA

 
DIA DA CULTURA CHAIREGA PDF Imprimir Correo-e

”DÍA DA CULTURA CHAIREGA-2008”

No IV Cabodano da morte de Manuel María 

Organizan: Fundación Manuel María, Xermolos e o Instituto de Estudos Chairegos 

Venres, 12 de setembro de 2008

No Auditorio Municipal de Vilalba, ás 21 horas  

 

 

 


 O Instituto de Estudios Chairegos, a Fundación Manuel María e a AC Xermolos, dentro dos actos conmemorativos do IV Aniversario do pasamento de Manuel María organizaron un concerto a cargo dos grupos galegos: Vichelocrego, de Ourense, Xarín, do Incio e Buxos Verdes, de Vilalba. Levouse a cabo tamén unha semblanza do poeta así como a lectura dalgunha das súas poesías, a cargo de Ricardo Polín.

O acto tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilalba, o pasado venres, día 12 de setembro,e contou cunha gran afluencia de público.  

 

VER CARTEL ANUNCIADOR

 
TAL COMO ERAMOS IV PDF Imprimir Correo-e
 

O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS ORGANIZA A

IV EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

TAL COMO ERAMOS

Fotos para o recordo

DENDE O 22 DE AGOSTO AO 12 DE SETEMBRO

NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

Inauguración: Venres, 22 de agosto de 2008, ás 20.30 horas


 


O Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” inaugurou o venres, día 22 de agosto, na Sala de Exposións do Auditorio Municipal de Vilalba, a exposición fotográfica baixo a denominación xenérica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, na súa IV edición. Esta mostra está integrada pola reprodución de 230 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA. Foron agrupadas en doce seccións: Actos e Inauguracións, Actos Relixiosos, Antroido, Deportes, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, e, por último, Trasportes.A maior parte destas fotografías foron tomadas nos anos que discorren entre o inicio do século XX e o final da dos setenta do mesmo século. Tal como eramos IV poderá ser contemplada entre o día 22 de agosto e o 12 de setembro na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba. No acto de inauguración, interviron Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA, e Bernardo García Cendán, sociólogo.

 

VER CARTEL ANUNCIADOR

 
PROXECCIÓN DVD RACING PDF Imprimir Correo-e

NOTA INFORMATIVA  

PROXECCIÓN DO DVD

RACING CLUB VILLALBÉS-75 ANIVERSARIO

23 DE MAIO DE 2008-20,30 horas

   CENTRO CULTURAL E RECREATIVO DE VILALBA  

O vindeiro venres, día 23 do presente mes de maio, ás 20,30 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba,  terá lugar, nun acto organizado polo Instituto de Estudios Chairegos, a PROXECCIÓN do DVD “Racing Club Villalbés-75 Aniversario”, complemento doutro acto anterior como foi a presentación do libro Historia Gráfica do RACING CLUB VILLALBÉS, de Manuel Roca Cendán e Francisco Xosé Roca Constenla. De feito o libro e o DVD van no mesmo lote, aínda que tamén se pode adquirir o DVD por separado. O DVD “Racing Club Villalbés-75 Aniversario” está compóñeno unha serie de entrevistas a persoas que tiveron relación nalgunha etapa da súa vida co Racing: ben como xogadores, ou como directivos, ou mesmo como presidentes.  Complétase o DVD cunha gran cantidade e variedade de fotos, imaxes referidas aos 75 anos de historia do Racing. Todas aquelas persoas que aínda non o teñan e estean interesadas en conseguilo poderán mercalo no referido acto.  

 
LIBRO E DVD DO RACING PDF Imprimir Correo-e

 

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO E DVD

 

Historia Gráfica do Racing Club Vilalbés

 

 

 


O vindeiro venres, día 25 do presente mes de abril, ás 20,30 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba,  terá lugar, nun acto organizado polo Instituto de Estudios Chairegos, a presentación do libro Historia Gráfica do RACING CLUB VILLALBÉS, do que son autores Manuel Roca Cendán e Francisco Xosé Roca Constenla.

O libro vai acompañado dun DVD con variedade de fotos, imaxes e vídeos referidos aos 75 anos de historia do Racing. A estrutura básica deste libro ten dúas partes perfectamente diferenciadas. A primeira é un intento de reconstrución da historia do club ata a inauguración do seu Estadio (agosto de 1948), partindo de moi variadas fontes. A segunda é un resumo da “intrahistoria” do Racing, da que quedou recollida nos libros de actas desta Sociedade desde o día catro de outubro de 1948 (data da primeira acta) ata a actualidade. 

Intervirán no acto: Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA; Manuel Roca Cendán e Francisco Xosé Roca Constenla, autores do libro; Bernardo García Cendán, prologuista do mesmo, e Francisco Xavier González Vázquez, presidente do Racing Club Vilalbés. 

Ao remate do mesmo, a CORAL POLIFÓNICA VILALBESA e a BANDA DE MÚSICA DE VILALBA interpretarán conxuntamente, por primeira vez na historia, o HIMNO DO RACING, con letra de Carmiña Prieto Rouco e música de Manuel Currás Guntín.

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 20