CADERNO DE ESTUDOS CHAIREGOS

PRESENTACIÓN DA PUBLICACIÓN BIANUAL

CADERNO DE ESTUDOS CHAIREGOS, Nº4

VENRES, 9 DE XANEIRO DE 2009 - 20,30 horas

CASA DA CULTURA DE VILALBA

   


O venres, día 9 de xaneiro, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudios Chairegos presentou o número catro da publicación bianual, Caderno de Estudos Chairegos. Nesta entrega insírense as seguintes colaboracións:  

1.     Limiar: “Agasallos dun Caderno”  por Bernardo García Cendán

2.     Contos e lendas da Terra Chá de JL García Mato por José-Luis Novo Cazón

3.     Os cruceiros  da Terra Chá (Outeiro de Rei) por Fernando Arribas, José M. Blanco e Mario Saavedra

4.     O Boedo  por Manuel Castro Santamariña

5.     Estudio diplomático e Transcrición do catastro Marqués da Ensenada da vila de Santa María de Vilalba  por Ana Naseiro

6.      Lembranza de Manuel Vázquez de Parga e de Manuel Mato Vizoso por José-Luís Novo Cazón

7.     Recensións literarias:

      7.1. Publicacións do IESCHA:

            7.1.1.    Chanot, pintor gaditano-vilalbés  por Ángel Felpeto

            7.1.2.    Facsímile de A Voz de Vilalba por José-Luís Novo Cazón

            7.1.3.    Magyar Posta  por Mario Paz

            7.1.4.    Testemuñas de cambio por José-Luís Novo Cazón

            7.1.5.    Memoria gráfica do Racing Club Vilalbés por José-Luís Novo Cazón

            7.1.6.    Arelas de prata e soños  por Manuel Castro Santamariña

            7.1.7.    O espírito Xacobeo na Terra Chá… por José-Luís Novo Cazón

      7.2. Outras:

            7.2.1.     Das novas cousas de Ramón Lamote por Paulo Naseiro

            7.2.2.     Un alpendre de sombra e de luar por José-Luís Novo Cazón

            7.2.3.     O único que queda é o amor  por Moncho Paz

8.     Tal como eramos. Fotos paro o recordo IV Exposición

9.     Nova Poesía por Francisco Xosé Roca Constenla

 

No acto de presentación interviron: 

- Bernardo García Cendán, autor do Limiar

- José-Luís Novo Cazón, autor de varios artigos do Caderno

- Francisco Xosé Roca Constenla, Nova Poesía

- Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA

 

VER CARTEL ANUNCIADOR

 


 
AMIGOS DA PINTURA

 INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN

“AMIGOS DA PINTURA”

VENRES, 14 DE NOVEMBRO DE 2008 - 20,30 horas

SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA  



Instituto de Estudios Chairegos, seguindo coas actividades programadas para o ano 2008, organizou o día 14 de novembro, na Sala do Auditorio Municipal de Vilalba, a exposición AMIGOS DA PINTURA.    

Este grupo está formado por:  

MANUEL PRIETO CORRAL

CLAUDINE JAMINE

ANTONIA FERNÁNDEZ PAZ

DEMETRIA GOÁS PRIETO

MILAGROS PETEIRA LAGÜELA

REMEDIOS FERNÁNDEZ MARRUBE

JOSÉ RAMÓN PAREDES

Mª JESÚS TRASTOY (SUSI) e

Mª CARMEN GÓMEZ MATO

 

Defínense coma un grupo de amigos e amigas unidos por unha mesma afección: a pintura; tendo, ademais, un denominador común: ser alumnos do profesor Maximiliano López, un prestixioso pintor de Lugo.  Un dos dos obxectivos do grupo é dar a coñecer o seu traballo ao maior número de persoas posible, para que, se é do seu gusto, se anime e se contaxie con esta afección. Agardan poder seguir facendo exposicións tanto a nivel colectivo coma individual. 

 

VER CARTEL ANUNCIADOR 

 


 
O ESPÍRITU XACOBEO NA TERRA CHÁ

PRESENTACIÓN DO LIBRO

O ESPÍRITO XACOBEO NA TERRA CHÁ.

Sendeirismo na Chaira. Conservación do medio a través dos fitos.”

de Mª Otilia Maceira Rodríguez e Elba Fernández González

VENRES, 24 DE OUTUBRO DE 2008 - 20,30 horas

CASA DA CULTURA DE VILALBA


 

O Instituto de Estudios Chairegos organizou o venres, día 24 de outubro,  o acto de presentación do libro “O espíritu xacobeo na Terra Chá. Sendeirismo na Chaira. Conservación do medio a través dos fitos”, de Mª Otilia Maceira Rodríguez e Elba Fernández González, editado polo propio Iescha e subvencionado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura e Deporte.    

Na presentación interviron, ademais das autoras antes citadas, Manuel Castro Santamariña, presidente do Iescha, e José Luis Novo Cazón, profesor e historiador. 

No libro descríbense rutas pertencentes aos concellos que forman parte da comarca natural da  Terra Chá (Vilalba, Cospeito, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Pastoriza, Castro de Rei, Rábade, Meira e Outeiro de Rei), comarca que aglutina no seu interior unha gran variedade de recursos naturais, moitos deles sen descubrir e incluso agochados non só ás miradas dos foráneos, senón tamén as dos propios veciños. Estes variados recursos, combinados coa fermosura do patrimonio artístico, cultural, etnográfico e arqueo-lóxico, son os que impulsan ás autoras a exploralos e recuperalos, para por de relevo todos os seus valores. Con esa finalidade, proponse un enfoque individualizado de cada ruta, sen limitarse a concibilas só como un mera bagaxe pola natureza senón con moi diversas finalidades: rutas etnográficas, deportivas, culturais, monumentais, didácticas, históricas, arqueolóxicas, naturais, antropolóxicas,.. todas elas como mesmo obxectivo a conservación do medio.    

VER CARTEL ANUNCIADOR

María Otilia Maceira Rodríguez (Codesido, Vilalba 1974), é licenciada en Historia Contemporánea, e Xeografía, Historia e Arte de Galicia pola Universidade de Santiago de Compostela. Logo da súa licenciatura traballou en diversos proxectos relacionados co campo das Humanidades: Historia, Arquivística, Museoloxía e Turismo. Así, en 1998 colaborou en labores de investigación no proxecto “Asociacionismo, política e mobilización na emigración transoceánica. O caso galego en perspectiva comparada (1880-1950)” dirixido polo catedrático da USC  Xosé Manuel Núñez Seixas. Posteriormente realizou traballos de descrición e organización dos fondos dos Arquivos municipais de A Veiga, Taboada, Láncara e Castro de Rei. No ano 2004 ocupou o posto de animadora turística no concello de Vilalba, momento en que entrou en contacto co Instituto de Estudos Chairegos, e coa súa arela de investigar e difundir a cultura galega. Actualmente é responsable do inventariado de bens do Museo etnográfico da Capela, onde tamén realiza labores de guía, baixo a dirección da Sección de Museos da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. 

Elba Fernández González (Román, Vilalba 1982), nun primeiro momento decantouse pola administración e formouse neste campo, cursando un FP2 o que equivale hoxe a un ciclo superior en administración e finanzas. Prosiga a súa formación académica cunha  diplomatura en Turismo  pola universidade da Coruña, coa especialidade de Planificación Turística de Galicia, moi relacionada co estudo dos bens turísticos de Galicia, as campañas de promoción turística  e o marco legal de protección do patrimonio cultura e turístico de Galicia. Nese mesmo, período opten pola Escola Oficial de Idiomas un diplomatura en Inglés e Francés. O comezo da súa vida profesional foi no concello de Vilalba, no ano 2005 a cargo da oficina de turismo. Na actualidade combina a súa actividade profesional, cos estudos relacionados co campo de formación audivisual.

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 Seguinte > Final >>

Resultados 57 - 60 de 63