|
PRESENTACIÓN LIBRO MANUEL LOUSA |
|
Presentación do Libro Destellos para la Historia de Villalba Capital de "A Terra Chá” de MANUEL LOUSA Venres, 28 de outubro de 2011 – 20,30 horas CASA DA CULTURA DE VILALBA
O vindeiro venres, día 28 de outubro, a partir das 20,30, na Casa da Cultura de Vilalba, presentarase o libro Destellos para la Historia de Villalba, capital de “A Terra Chá”, do que é autor Manoel Lousa Rodríguez, betanceiro afincado na Coruña e próximo xa aos seus ben levados oitenta e nove anos. O dono consorte do pazo de Pumares (San Paio de Arcillá, Cospeito), autor desta nova obra, non é a primeira vez que se presenta aos lectores; con anterioridade xa deu ao prelo outros libros, dedicados ao Santuario da Virxe do Monte, á propia mansión de Pumares, á historia do seu Betanzos natal, etc. Por outra parte, nos seus anos mozos tamén se mergullou no mundo do xornalismo, fundando con outros rapaces betanceiros o períódico El Eco de las Mariñas. No acto da presentación da devandita obra intervirán, ademais do propio autor: - Manuel Castro Santamariña, presidente do Instituto de Estudios Chairegos, que organiza o acto. - Carme Pernas Bermúdez, historiadora con máster en Xestión Cultural. - José-Luis Novo Cazón, autor do limiar do libro que se presenta.
A esta nova concorrencia cultural do IESCHA están convidados, ademais das personalidades ás que se lles cursou a correspondente invitación, todos os vilalbeses e chairegos amantes do pasado da vila de Vilalba e da súa terra. A entrada a este acto será de libre acceso e ao final do mesmo ou autor asinará exemplares do libro presentado. |
|
Ler máis...
|
|
|
IV RUTA POR GALICIA ADIANTE |
|
IV RUTA POR GALICIA ADIANTE
ANDANDO A TERRA…DAS FRAGAS DO EUME Domingo, 16 de outubro de 2011 Organiza: Instituto de Estudos Chairegos
O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenrolo do súa programación do ano 2011, organiza para o domingo, día 16 de outubro, a IV Ruta “Por Galicia adiante - Andando a Terra... das Fragas do Eume”, incluíndo na mesma unha visita guiada ao Mosteiro de Caaveiro.
Este é o bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa. Encaixado no profundo canón que o río Eume labrou co paso do tempo, é un dos tesouros botánicos de Galicia e da península Ibérica, xa que alberga algunhas especies de fieitos case exclusivas, que unicamente se poden atopar en moi contados enclaves da nosa xeografía. Estamos nun espeso bosque de carballos, castiñeiros, abeleiras, freixos, bidueiros, érbedos... onde as ramas dificultan o paso da luz e do vento e manteñen así unha humidade e unha temperatura case constantes no chan, creando as condicións idóneas para a presenza de multitude de pequenos invertebrados de enorme valor. Cores por todos os lados. Os carballos cobren as abas que ascenden cara ao alto, e á beira do río un impoñente bosque de galería acompaña o ir da auga camiño do mar. Sombra, humidade e unha exuberante vexetación: o hábitat ideal para moitos seres vivos, como a salamántiga ou o leirón. O paso do home polas fragas ao longo da historia evidénciase nos restos que están repartidos polo parque: varias mámoas e castros, os mosteiros de San Xoán de Caaveiro e Santa María de Monfero, ou a Torre de Andrade. (http://www.viveaonatural.xunta.es/GL/eume.htm) A saída do autobús hacia A Capela, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9.00 horas do domingo, 16 de outubro de 2011. O custo por participante fixouse en 20 €, para os/as socios/as do IESCHA, e 30 € para os non socios/as (inclúe comida e autobús). Os nenos e nenas menores de 16 anos pagarán 5 €. Unha vez rematada a Ruta, terá lugar a comida no Restaurante Casa Toñita, sobre ás 14,30 horas. As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse nos teléfonos: 639-246459 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva, ata o mércores, 14 de outubro, como máximo. |
|
VII ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE MANUEL MARÍA
PROXECCIÓN DA PELÍCULA "18 COMIDAS" DE JORGE COIRA No Auditorio Municipal de Vilalba Venres, 9 de setembro de 2011-20,30 horasO INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS organiza o VII DÍA DA CULTURA CHAIREGA, que se instituiu na memoria de Manuel María, o autor do poemario "Terra Chá", auténtico creador literario desta comarca e do que se cumplen agora sete anos do seu pasamento. Nesta ocasión o IESCHA, tentando de diversificar aínda máis o seu abano de actividades, ábrese ao mundo do 7º arte. E para elo nada mellor que ofertando ao público chairego a proxección dunha gran película, dun gran director chairego e interpretada por un gran actor chairego tamén: A película é “18 COMIDAS”; o director, Jorge COIRA; e un dos seus protagonistas, Luis TOSAR. O acto levarase a cabo o vindeiro venres, 9 de setembro, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, e contará coa presenza e intervención do propio director Jorge Coira, do actor Luis Tosar, así como de Mª Luisa Rodríguez e Manuel Castro Santamariña. Título: 18 comidas Estreno: 19/11/2010 Productora: Tic Tac Producciones, Zircozine Director: Jorge Coira Guión: Jorge Coira, Araceli Gonda & Diego Ameixeira Reparto: Luis Tosar, Esperanza Pedreño, María Vázquez, Cristina Brondo, Sergio Peris-Mencheta, Víctor Clavijo, Juan Carlos Bellido, Pedro Alonso
18 COMIDAS conta seis historias ao longo dun único día. Unha película que viaxa a través de dezaoito comidas que nos fan partícipes dalgúns destes momentos que poden cambiarche a vida. Un música guía reencóntrase co amor da súa vida; dous borrachos almorzan cubatas con marisco; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; dous homes quérense, pero escóndense; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere o que un home non dá, e un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor; unha parella de anciáns que xa llo dixo todo almorza, come e cea en silencio; ou unha parella de irmás enfrontadas por un sono. Todas estas historias crúzanse ao longo dun día en 18 comidas. É unha viaxe polos sentimentos de todos os personaxes. 6 historias, 24 personaxes, un día, 18 comidas. O feito de que as historias se crucen axudaranos a entender cada historia, cada personaxe, cada comida. E como estes personaxes verán as súas vidas cambiadas, cada un de diferente modo. (http://www.18comidas.com) (http://www.todocriticas.es/pelicula/157/18-comidas/)
|
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
| | Resultados 5 - 8 de 58 |
|
|