LETRAS GALEGAS 2010

CONFERENCIA-RECITAL DAS LETRAS GALEGAS

 

CAEN AS FOLLAS 

 

Versos a NOVONEYRA

 

 

A CARGO DE RICARDO POLÍN

Coa colaboración do Centro Dramático Vilalbés

Entrega do diploma de Socio de Honra do IESCHA a ANXO LAMAS

VENRES, 21 DE MAIO DE 2010-20,30 horas

SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL DE VILALBA

 

Dentro das actividades programadas co gallo das Letras Galegas, o Instituto de Estudios Chairegos, en colaboración coa Sociedade Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, organiza unha conferencia-recital a cargo do profesor Ricardo Polín, que contará coa participación do Centro Dramático Vilalbés.

O acto, que leva por título CAEN AS FOLLAS – VERSOS A NOVONEYRA, terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba o vindeiro venres, día 21 de maio de 2010, ás 20,30 horas, e no mesmo intercalaranse recitados poéticos con proxeccións de videos e audicións musicais. 

No mesmo acto, levarase a cabo tamén a entrega do diploma de Socio de Honra a ANXO LAMAS, nomeamento recientemente concedido pola Asemblea Xeral do Instituto de Estudios Chairegos.     

     VER CARTAZ


 
ASEMBLEA XERAL

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 Convócase Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura, o día 16 de abril de 2010, ás 20,15 horas do serán en primeira convocatoria -20,30 horas en segunda-, coa seguinte:  

ORDE DO DÍA 

            1.- Lectura da Acta da anterior Asemblea.

            2.- Memoria de Actividades do ano 2009.

            3.- Plano de Actividades para o ano 2010.

            4.- Estado de contas. Balance económico ano 2009.

            5.- Presuposto ano 2010.

            6.- Propostas da Xunta Directiva.

            7.- Rogos e preguntas. 

Unha vez rematada a Asemblea terá lugar, no restaurante Terra Chá,  unha cea conmemorativa do X Aniversario da fundación do IESCHA


 
PRESENTACIÓN LIBRO AVELINO

AVELINO FERNÁNDEZ,

Memorias dun mestre itinerante

PRÓLOGO DE XESÚS ALONSO MONTERO

CORDINACIÓN DE JOSÉ-LUIS NOVO CAZÓN E MANUEL ROCA CENDÁN

EPÍLOGO DE ANTÍGONA FERNÁNDEZ

VENRES, 26 DE MARZO DE 2010-20,30 horas

NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

Vén de publicarse o libro “Avelino Fernández. Memorias dun mestre itinerante”, editado polo Instituto de Estudios Chairegos co patrocinio da SA de Xestión do Plan Xacobeo. O vindeiro venres, día 26 de marzo, ás 20,30 horas, terá lugar a súa presentación no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba. Intervirán: Xesús Alonso Montero, prologuista do libro; José-Luis Novo Cazón e Manuel Roca Cendán, coordinadores da obra, e Antígona Fernández, filla do autor do libro e autora do Epílogo do mesmo. 

“As memorias de Avelino Fernández (Perlora, 1905 – Vilalba, 1981) semellan unha tráxica novela de aventuras, propiciadas pola súa vinculación ao Maxisterio, como fillo de mestre e mestre el mesmo, pola súa militancia activa no bando perdedor da Guerra Civil, e así mesmo polo seu carácter inconformista que o moveu a buscar permanentemente un mundo mellor e se cadra utópico.Estas circunstancias talvez expliquen a súa andaina vital e profesional, peregrinando por terras que case sempre lle resultaron alleas e perigosas: soldado e cabo no norte de África, sarxento en Avila; mestre en Olleros, Montouto, Reformatorio de Lugo, Ouriz e Goiriz; practicante en Portomarín; carteiro en Lugo e Marín; pagador habilitado na montaña leonesa, actuando ás ordes do legendario Berlamino...Con todo e con iso, a historia esencial de Avelino Fernández foi a dun mestre itinerante, cuxa singradura percorreu na compaña de dúas mulleres ben queridas para el: Adoración, a súa dona, e Antígona (“Tonina”), a súa única filla, logo da prematura morte de Lenín, o primoxénito do matrimonio.”


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 37 - 40 de 63