|
XIII RUTA CHAIREGA-RUTA DA AUGA |
|
DOMINGO, 16 DE XUÑO DE 2013
XIII RUTA CHAIREGA Por terras de… GUITIRIZ RUTA DA AUGA Tramo San Alberte-Sete Muíños
O Instituto de Estudios Chairegos organiza a súa habitual Ruta Chairega, que este ano alcanza xa a súa décimo terceira edición. Celebrarase o día 16 de xuño e, nesta ocasión, discorrerá pola denominada Ruta da Auga, sita no concello de Guitiriz. Esta ruta xa foi realizada no ano 2007, pero debido as inclemencias do tempo non puideramos disfrutar totalmente da súa beleza. Partiremos das inmediacións do santuario do Santo Alberte, na parroquia de Sambreixo, e, logo de percorrer uns quince quilómetros, chegaremos á paraxe dos Sete Muíños, nun itinerario sen desniveis pola beira dos ríos Parga e Ladroil. Os lugares, historia e construcións fan del un camiño moi recomendable: as pontes de Santo Alberto, no Camiño Xacobeo do Norte; a ponte de Pitero; as de Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños, coma os restaurados de Parga e Ferreira; as áreas de lecer coma a de Sete Muíños; a antiga mansión romana de Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga, as igrexas, capelas e a curiosa mesquita de Guitiriz, etc. Ao finalizar a ruta, repoñeremos forzas coa comida que se realizará no restaurante Tino de Momán. A cuota que haberá que pagar será de 20 € por adulto e 5 € por menor acompañado (inclúe a comida e o autobús). O traslado dos participantes farase en autobús dende Vilalba deica o inicio da ruta, no Santo Alberte, saíndo das inmediacións da Pravia (Casa da Cultura) ás 9:00 horas e retornando pola tardiña. Os/as interesados/as poden apuntarse contactando con calquera membros da Xunta Directiva do IESCHA, a poder ser, antes do venres, día 14 de xuño. |
|
|
VENRES, 7 DE XUÑO DE 2013, ÁS 19:30 HORAS OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN presentan a obra A HISTORIA DE BRANCAFLOR dirixida por Avelino González NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos, culmina as actividades programadas co gallo das Letras Galegas, coa organización dunha representación teatral, especialmente dirixida ao público infantil, que leva por título A HISTORIA DE BRANCAFLOR. Está dirixida por Avelino González e posta en escea polo grupo OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN. O acto terá lugar o vindeiro venres, día 7 de xuño, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. A entrada será totalmente de balde. A obra, protagonizada por Fran Rei, achéganos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma 'Contos Marabillosos'. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo. Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, o público é parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma é imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan. A forza da palabra e a ilusión da maxia mestúranse para compoñer un espectáculo para público infantil que pode ter cabida en programacións xerais, programas de animación á lectura, colexios, bibliotecas, ... A Historia de Brancaflor, un conto máxico sobre a forza do amor. |
|
|
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TERRA CHÁ 2013 |
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS CONVOCA O I Concurso de fotografía Terra Chá 2013 Bases de participación
1. Participantes * Poderá participar calquera persoa física sen ningún tipo de exclusión. * O Instituto de Estudos Chairegos entende que os participantes menores de idade contan para concursaren coa autorización de seus pais ou titores. 2. Obras * Cada participante poderá presentar até un máximo de 3 fotos, acompañadas dun título e información do lugar fotografado e data na que foi feita, así como os datos do/a autor/a (nome, apelidos, lugar de residencia e teléfono de contacto). * Só se admitirán imaxes en formato JPG cun peso entre 1 e 5 Mb. * As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, no se tendo difundido ou reproducido previamente en soporte ou medio algún (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.). * As fotografías non se poden cambiar electrónicamente ou por calquera outro medio. As fotomontaxes non serán aceptadas. Permitiranse correccións mínimas de cor e brillo. * Os traballos han ser individuais. * As fotografías terán como tema “Paisaxes da Terra Chá (rural ou urbana)”. * O Instituto de Estudos Chairegos entende que os autores de traballos que inclúan imaxes de menores contan coa autorización expresa dos pais ou titores dos mesmos. 3. Modo de participación. * O prazo de participación estará aberto entre o 1 eo 30 de xuño de 2013, ambos os dous incluídos. * Os participantes enviarán as súas fotografías por correo electrónico ao enderezo:
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
, incluíndo na mensaxe os datos citados no parágrafo primeiro do punto 2. * A participación no concurso implica a total aceptación do disposto nas presentes bases, reservándose o Instituto de Estudos Chairegos o dereito de excluír do certame os traballos que non se ateñan ás mesmas. * O Instituto de Estudos Chairegos decidirá en todo caso sobre calquera aspecto non previsto nestas bases, así como resérvase o dereito a modificar, interrumpir ou suspender este concurso por causas xustificadas ou que contraveñan o espíritu dos concursos, sen que elo poda derivar responsabilidade algunha para o convocante. 4. Criterios e procedemento. * O ditame do xurado será inapelábel e farase público na páxina web do IESCHA e na súa canle de Facebook na 1ª quincena do mes de xullo de 2013. * Finalizado o prazo de presentación das fotografías, o xurado reunirase para decidir os tres traballos gañadores. * O xurado resérvase a facultade de declarar desertos os premios así como de establecer menciones honoríficas ou premios ex aequo. * Os criterios de selección primarán aqueles traballos que mellor ilustren o tema do concurso, así como a orixinalidade, creatividade e innovación das fotografías, e os seus valores estéticos. 5. Xurado. * O xurado estará formado por 3 persoas propostas polo Instituto de Estudos Chairegos. 6. Premios * Establécense os seguintes premios: o 1º Premio, dotado con 300 € o 2º Premio, dotado con 200 € o 3º Premio, dotado con 100 € * A entrega de premios será notificada a través dos mass media e da páxina web e Facebock do IESCHA. Non obstante os gañadores recibirán por correo electrónico ou teléfono a correspondente comunicación. * En caso de que resulte imposible poñerse en contacto con algún dos gañadores nun prazo de 10 días a contar dende o día da publicación do fallo do Xurado, o premio ou premios correspondentes pasarán á seguinte ou seguintes fotografías máis votadas. Os premios non serán acumulables. * As fotografías presentadas ao concurso quedarán en propiedade do Instituto de Estudos Chairegos, que poderá reproducilas en calquera medio e ou soporte, polo que o participante declara que o IESCHA é o único propietario de todos os dereitos de autor da fotografía enviada ao concurso e asume total responsabilidade de que non existen dereitos de terceiros nos traballos presentados, así como todas as reivindicacións de terceiros para os dereitos imaxe. * Coas imaxes presentadas ao concurso poderá facerse así mesmo unha exposición temporal. * Os datos personais recabados formarán parte dunha base de datos de titularidade do IESCHA. Como responsable do ficheiro, o IESCHA garantiza o cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal. Os concursantes podrán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose mediante correo electrónico a
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
, xuntando copia do seu DNI/NIE.
Vilalba, a 31 de maio de 2013 A XUNTA DIRECTIVA DO IESCHA
|
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
| | Resultados 1 - 4 de 86 |
|
|