|
I RUTA POR GALICIA ADIANTE |
|
1ª RUTA “POR GALICIA ADIANTE ” DEVESA DA ROGUEIRA (Serra do Courel) Domingo, 19 de outubro de 2008 Organizou: Instituto de Estudos Chairegos
  
O Instituto de Estudios Chairegos, que leva organizadas oito edicións da “Ruta Chairega” para, entre outros obxectivos, percorrer e disfrutar dos fermosos paraxes espallados pola Terra Chá, incluíu no plano de actividades deste ano 2008 a realización da I Ruta “Por Galicia adiante”, para, deste xeito, facer extensivo o disfrute a todos aqueles sitios de interese que abundan por todo Galicia.E así, as 44 persoas (maiores, nenos e nenas) que participaron nesta I RUTA “POR GALICIA ADIANTE”, puideron contemplar a beleza maxestuosa da Serra do Courel, percorrendo os sendeiros da Devesa da Rogueira. verdadeira reserva biolóxica de O Courel, cun dos mellores bosques autóctonos no que conviven unha gran variedade de especies arbóreas e plantas. VER CARTEL ANUNCIADOR VER VIDEO DA DEVESA DA ROGUEIRA |
|
|
”DÍA DA CULTURA CHAIREGA-2008” No IV Cabodano da morte de Manuel María Organizan: Fundación Manuel María, Xermolos e o Instituto de Estudos Chairegos Venres, 12 de setembro de 2008 No Auditorio Municipal de Vilalba, ás 21 horas

O Instituto de Estudios Chairegos, a Fundación Manuel María e a AC Xermolos, dentro dos actos conmemorativos do IV Aniversario do pasamento de Manuel María organizaron un concerto a cargo dos grupos galegos: Vichelocrego, de Ourense, Xarín, do Incio e Buxos Verdes, de Vilalba. Levouse a cabo tamén unha semblanza do poeta así como a lectura dalgunha das súas poesías, a cargo de Ricardo Polín. O acto tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilalba, o pasado venres, día 12 de setembro,e contou cunha gran afluencia de público. VER CARTEL ANUNCIADOR |
|
|
O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS ORGANIZA A IV EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA TAL COMO ERAMOS Fotos para o recordo DENDE O 22 DE AGOSTO AO 12 DE SETEMBRO NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBAInauguración: Venres, 22 de agosto de 2008, ás 20.30 horas

O Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” inaugurou o venres, día 22 de agosto, na Sala de Exposións do Auditorio Municipal de Vilalba, a exposición fotográfica baixo a denominación xenérica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, na súa IV edición. Esta mostra está integrada pola reprodución de 230 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA. Foron agrupadas en doce seccións: Actos e Inauguracións, Actos Relixiosos, Antroido, Deportes, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, e, por último, Trasportes.A maior parte destas fotografías foron tomadas nos anos que discorren entre o inicio do século XX e o final da dos setenta do mesmo século. Tal como eramos IV poderá ser contemplada entre o día 22 de agosto e o 12 de setembro na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba. No acto de inauguración, interviron Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA, e Bernardo García Cendán, sociólogo. VER CARTEL ANUNCIADOR |
|
|
Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia –Presidencia– Secretaría Xeral de Comunicación – Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual |
|
| << Inicio < Anterior 11 12 Seguinte > Final >>
| | Resultados 56 - 59 de 59 |
|
¿Quen está en liña?
Hai 8 convidados en liña
|