|
IV RUTA POR GALICIA ADIANTE |
|
IV RUTA POR GALICIA ADIANTE
ANDANDO A TERRA…DAS FRAGAS DO EUME Domingo, 16 de outubro de 2011 Organiza: Instituto de Estudos Chairegos
O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenrolo do súa programación do ano 2011, organiza para o domingo, día 16 de outubro, a IV Ruta “Por Galicia adiante - Andando a Terra... das Fragas do Eume”, incluíndo na mesma unha visita guiada ao Mosteiro de Caaveiro.
Este é o bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa. Encaixado no profundo canón que o río Eume labrou co paso do tempo, é un dos tesouros botánicos de Galicia e da península Ibérica, xa que alberga algunhas especies de fieitos case exclusivas, que unicamente se poden atopar en moi contados enclaves da nosa xeografía. Estamos nun espeso bosque de carballos, castiñeiros, abeleiras, freixos, bidueiros, érbedos... onde as ramas dificultan o paso da luz e do vento e manteñen así unha humidade e unha temperatura case constantes no chan, creando as condicións idóneas para a presenza de multitude de pequenos invertebrados de enorme valor. Cores por todos os lados. Os carballos cobren as abas que ascenden cara ao alto, e á beira do río un impoñente bosque de galería acompaña o ir da auga camiño do mar. Sombra, humidade e unha exuberante vexetación: o hábitat ideal para moitos seres vivos, como a salamántiga ou o leirón. O paso do home polas fragas ao longo da historia evidénciase nos restos que están repartidos polo parque: varias mámoas e castros, os mosteiros de San Xoán de Caaveiro e Santa María de Monfero, ou a Torre de Andrade. (http://www.viveaonatural.xunta.es/GL/eume.htm) A saída do autobús hacia A Capela, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9.00 horas do domingo, 16 de outubro de 2011. O custo por participante fixouse en 20 €, para os/as socios/as do IESCHA, e 30 € para os non socios/as (inclúe comida e autobús). Os nenos e nenas menores de 16 anos pagarán 5 €. Unha vez rematada a Ruta, terá lugar a comida no Restaurante Casa Toñita, sobre ás 14,30 horas. As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse nos teléfonos: 639-246459 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva, ata o mércores, 14 de outubro, como máximo. |
|
VII ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE MANUEL MARÍA
PROXECCIÓN DA PELÍCULA "18 COMIDAS" DE JORGE COIRA No Auditorio Municipal de Vilalba Venres, 9 de setembro de 2011-20,30 horasO INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS organiza o VII DÍA DA CULTURA CHAIREGA, que se instituiu na memoria de Manuel María, o autor do poemario "Terra Chá", auténtico creador literario desta comarca e do que se cumplen agora sete anos do seu pasamento. Nesta ocasión o IESCHA, tentando de diversificar aínda máis o seu abano de actividades, ábrese ao mundo do 7º arte. E para elo nada mellor que ofertando ao público chairego a proxección dunha gran película, dun gran director chairego e interpretada por un gran actor chairego tamén: A película é “18 COMIDAS”; o director, Jorge COIRA; e un dos seus protagonistas, Luis TOSAR. O acto levarase a cabo o vindeiro venres, 9 de setembro, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, e contará coa presenza e intervención do propio director Jorge Coira, do actor Luis Tosar, así como de Mª Luisa Rodríguez e Manuel Castro Santamariña. Título: 18 comidas Estreno: 19/11/2010 Productora: Tic Tac Producciones, Zircozine Director: Jorge Coira Guión: Jorge Coira, Araceli Gonda & Diego Ameixeira Reparto: Luis Tosar, Esperanza Pedreño, María Vázquez, Cristina Brondo, Sergio Peris-Mencheta, Víctor Clavijo, Juan Carlos Bellido, Pedro Alonso
18 COMIDAS conta seis historias ao longo dun único día. Unha película que viaxa a través de dezaoito comidas que nos fan partícipes dalgúns destes momentos que poden cambiarche a vida. Un música guía reencóntrase co amor da súa vida; dous borrachos almorzan cubatas con marisco; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; dous homes quérense, pero escóndense; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere o que un home non dá, e un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor; unha parella de anciáns que xa llo dixo todo almorza, come e cea en silencio; ou unha parella de irmás enfrontadas por un sono. Todas estas historias crúzanse ao longo dun día en 18 comidas. É unha viaxe polos sentimentos de todos os personaxes. 6 historias, 24 personaxes, un día, 18 comidas. O feito de que as historias se crucen axudaranos a entender cada historia, cada personaxe, cada comida. E como estes personaxes verán as súas vidas cambiadas, cada un de diferente modo. (http://www.18comidas.com) (http://www.todocriticas.es/pelicula/157/18-comidas/)
|
|
|
EXPOSICIÓN DE PINTURA JESÚS TRASTOY
Inauguración VENRES, 26 DE AGOSTO DE 2011 - 20,30 horas AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA do 26 de agosto ao 16 de setembro 
Coincidindo co inicio das festas de San Ramón e Santa María, o vindeiro venres, día 26 de agosto de 2011, ás 20,30 horas, na Sala do Auditorio Municipal de Vilalba, levarase a cabo a inauguración da Exposición de Pintura do artista vilalbés JESÚS TRASTOY, nun acto organizado polo Instituto de Estudios Chairegos. A mostra, que poderá ser visitada dende o mesmo día 26 de agosto ata o 16 de setembro, en horario do Auditorio, está formada por 54 cadros distribuídos nas seguintes temáticas: * Recantos Vilalbeses * Persoeiros * Varios * Bodegóns * Acuarelas * Plumiñas * Caricaturas A linguaxe figurativa que Jesús Trastoy plasma nos seus cadros, utilizando técnicas diversas, aplícaa a temas moi variados. Con todo, sinte predilección polos recantos máis pintorescos e recónditos de Vilalba e doutros pobos mariñeiros, polos animais, por persoeiros cos que tivo algunha relación ... Deu a coñecer a súa xa extensa obra a través de exposicións e certames. Participou nunha exposición colectiva no colexio lucense de Fingoi. Asistiu a certames en Burela, en Begonte (con motivo do Belén), nos de maiores convocados pola Xunta de Galicia: no correspondente ao ano 2004 foi finalista con dúas obras, Escravos do móbil e As catro estacións; e no do ano en curso exhibiu outras dúas, A Santa Compaña e Outono no Courel. ------------------------------------------------------- JESÚS TRASTOY SAAVEDRA naceu na popular e histórica rúa da Porta de Cima de Vilalba o día 12 de setembro de 1941. Nos anos da súa actividade laboral dedicou o tempo á construción e á telefonía, traballando en distintas empresas e en lugares moi espallados. Esta circunstancia impediulle desenvolver unha das actividades pola que sentía verdadeira paixón: a pintura. Con todo e con iso, unha parte importante do seu tempo de lecer ocupouno na visita a exposicións de pintura, preguntándose a miúdo “como se podería facer algo como o que facían os que expoñían”. Logo dunha intensa vida de traballo, chegoulle a prexubilación, e con ela a posibilidade de gobernar a súa existencia. Foi daquela cando se iniciou nas complicadas artes do pincel, asistindo a cursiños impartidos en Vilalba por Maximiliano López e Manolo Carballeira. A partir de entón e xa instalado definitivamente na súa vila natal, foi “argallando á súa maneira” e desenvolvendo unha xa longa traxectoria como pintor na dourada idade da xubilación. Logrou converter esta nun auténtico xúbilo estético. |
|
|
O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS ORGANIZA A ”XI RUTA CHAIREGA"
POR TERRAS DE... A PASTORIZA
RUTA CAMIÑOS DO MIÑO: DE A PASTORIZA A FONMIÑÁ
Domingo, 19 de xuño de 2011
O Instituto de Estudios Chairegos, como vén sendo habitual dende a súa fundación, organiza a tradicional Ruta Chairega, que este ano alcanza xa a súa undécima edición.
Celebrarase o domingo, día 19 de xuño, percorrendo, nesta ocasión, terras de A Pastoriza, pola ruta CAMIÑOS DO MIÑO, que remata en FONMIÑÁ. A distancia total será de 15 km, aproximadamente.
Durante o percorrido da ruta, poderemos apreciar as fermosas paisaxes de Anllo, Baltar –coa súa prai fluvial-, o Castro de Sáa, Crecente e, ao remate, Fonmiñá.
Ao finalizar a ruta, haberá que repoñer forzas coa comida que se realizará nesta ocasión no restaurante Casa Horacio, do Chao de Pousadoiro.
A cuota que haberá que pagar será de 25 € por adulto e 5 € por menor acompañado (inclúe a comida e o autobús).
O traslado dos participantes nesta ruta farase en autobús dende Vilalba deica o inicio da ruta, na Pastoriza, saíndo das inmediacións da Pravia (Casa da Cultura) ás 9,30 horas e retornando pola tardiña.
Os/as interesados/as poden apuntarse contactando con algunha das persoas integrantes da Xunta Directiva do IESCHA.
|
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
| | Resultados 6 - 10 de 58 |
|
¿Quen está en liña?
Hai 5 convidados en liña
|