VI DÍA DA CULTURA CHAIREGA
  
Venres, 10 de setembro de 2010-20,30 horas

DÍA DA CULTURA CHAIREGA

VI CABODANO DO PASAMENTO

DE MANUEL MARÍA


No Auditorio Municipal de Vilalba

O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS organiza o VI DÍA DA CULTURA CHAIREGA, que se instituiu na memoria de Manuel María, o autor do poemario "Terra Chá", auténtico creador literario desta comarca e do que se cumplen agora seis anos do seu falecemento.

O acto levarase a cabo o venres, 10 de setembro, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. e consistirá no seguinte: 

·  Presentación do CD “OS IRMANDIÑOS”, con poemas de Manuel María sobre a revolución irmandiña, musicados polo grupo A QUENLLA. 

·
 Mesa redonda sobre o tema anterior na que intervirán:
 
    o   Avelino Pousa Antelo
   
o   David Otero
   
o   Mero Iglesias
   
o   José Luis Rivas (Mini)
   
o   Miro Casabella
   
o   Alfonso Blanco Torrado
   
o   Esperanza Lema
  o   José Luis Novo Cazón 

·
 Actuación do grupo A QUENLLA, interpretando cancións do CD “Os Irmandiños”. 
 

·
 Entrega do Diploma de Socio de Honra do IESCHA ao artista chairego ANXO LAMAS.


 
TAL COMO ERAMOS-V

 

V EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

 

TAL COMO ERAMOS

Fotos para o recordo 

DENDE O 27 DE AGOSTO AO 17 DE SETEMBRO de 2010

NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA I

 

nauguración: Venres, 27 de agosto de 2008, ás 20.30 horas

 

O Instituto de Estudios Chairegos “Pena do Encanto” inaugura o póximo venres, día 27 de agosto, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa V edición.  

 

Esta mostra está integrada pola reprodución de 230 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e que é posible grazas ás  aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba.

 

As fotos son de temática variada (Antroido, Deportes, Celebracións, Actos Relixiosos, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos,  etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX. 

 

Tal como eramos V poderá ser contemplada entre o día 27 de agosto e o 17 de setembro na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, sendo a súa inauguración o venres, 27 de agosto ás 20,30 horas.

 

 


 
I TAL COMO ERAMOS-GUITIRIZ

  

Entre o 23 de xuño e o 15 de agosto pódese visitar a I Exposición "Tal Como Eramos-Fotos para o Recordo" que o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Guitiriz e Foto Kantero, organiza na Escola Habanera da referida localidade chairega.
Nela pódense contemplar unha variada mostra de imaxes de distintas épocas e actividades que teñen como tema central o concello de de Guitiriz.

 
CASA MUSEO MANUEL MARÍA

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

CASA MUSEO DE MANUEL MARÍA

VENRES, 18 DE XUÑO DE 2010-20,30 horas

NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL E RECREATIVO DE VILALBA

 

 O venres, 18 de xuño, ás 20´30 horas, terá lugar no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba a presentación do proxecto de Casa Museo Manuel María, que está previsto executar nos próximos anos na casa natal do patriarca chairego, en Outeiro de Rei.

Intervirán neste acto Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Alberte Ansede, secretario desa Fundación e Manuel Roca Cendán, directivo do IESCHA.

Ademais da proxección de imaxes que recrean virtualmente a que vai ser Casa Museo Manuel María, neste acto presentarase a Asociación de Amigos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, que se constituíu en Santiago de Compostela o día 17 de abril de 2010.


 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 26 - 30 de 59

Acceso






¿Recuperar a chave?
¿Quérese rexistrar?
Rexístrese aquí

¿Quen está en liña?

Hai 11 convidados en liña