|
PRESENTACIÓN LIBRO DE VICENTE PIÑEIRO |
|
Presentación do libro ”A MORTE DUN EDITOR. Derradeiros días de Ánxel Casal” DE VICENTE PIÑEIRO Venres, 26 de xuño de 2009 
O Instituto de Estudios Chairegos, seguindo coa programación de actividades prevista para o ano 2009, organizou o día 26 de xuño, ás 20,30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do libro “A MORTE DUN EDITOR. Derradeiros días de Ánxel Casal”, do que é autor o escritor de lucense de orixe vilalbés Vicente Piñeiro,
A MORTE DUN EDITOR. Derradeiros días de Ánxel Casal I.S.B.N. 978-84-7824-574-1 Idioma: Galego / gallego 1ª edición: 2009 Sotelo Blanco. Lugo 2009 - 97 páxinas / páginas Cando Lola chega a Santiago de Compostela para matricularse na facultade de Historia, ignora os misterios que a cidade sartego lle ten reservados. Será nesas rúas de lastros que gardan os segredos dun tempo que foi, onde a protagonista de A morte dun editor se descubra a si mesma, a través de dúas vivencias, a do primeiro amor -como tropel de sentimentos, confusos, desexo, ansia, paixón, compromiso e unión de dúas liberdades individuais-, pero tamén a vivencia de algo máis profundo e irreversible: a vocación literaria. Así, unha Lola ávida de coñecemento enfrontarase á investigación e descuberta do que foron aqueles derradeiros días da República na cidade de pedra tras o levantamento fascista e, sobre todo, o brutal asasinato do entón alcalde e tamén editor Ánxel Casal. Logo deste axuste de contas coa verdade histórica, unha nova Lola agroma, e a persoa que agora é sabe que non hai regreso posible, pois abriu unha porta que endexamais poderá volver pechar.
VICENTE PIÑEIRO GONZÁLEZ
Fecha de Nacimiento: 22 de junio de 1954 Lugar de Nacimiento: Lugo Cursou estudos de delineación e topografía, e dedicou unha parte da súa vida á docencia. Traballa como topógrafo na enxeñería civil. obras realizadas: Publicou, entre outros, os seguintes libros: Antoniño (Edicións Chaira, narrativa); O can abandonado e outros relatos (Edicións Chaira, narrativa); Sonetos á Xeometría (Edicións Chaira, poesía); Guía en verso do Camiño de Santiago (Edicións Chaira, poesía); Sonetos á Xeometría (Propostas de traballo) (Edicións Chaira, poesía); Os círculos sagrados (Edicións Chaira, narrativa); Los círculos sagrados (Kekeres, narrativa); Ceo e Pedra (Edicións Chaira, poesía); Poemas de amor (Edicións Chaira, poesía); C-D Panxoliñas ó Belén de Begonte (poesía); Camiño Real (poesía e narrativa fantástica ambientada nol Camiño Primitivo de Santiago) e La Risa de Dios (novela de espías, ambientada no terrorismo internacional e na caída das torres xemelgas); De amor y muerte (novela fantástica de contenido medieval para os afeccionados á época medieval); Político Privado, unha obra de teatro ambientada con personaxes de Lugo (Ánxel Fole, Trapero Pardo, Quico, Don Valentín, etc.). Escribiu tamén traballos de crítica, relatos e poesía en distintos xornais e revistas.
|
|
|
O INSTITUTO DE ESTUDIOS CHAIREGOS ORGANIZOU A ”IX RUTA CHAIREGA” POR TERRAS DE MEIRA RUTA DE SENDEIRISMO MIÑO-EO Domingo, 14 de xuño de 2009 O Instituto de Estudios Chairegos, como vén sendo habitual dende a súa fundación, organizou a tradicional Ruta Chairega, que este ano alcanzou xa a súa novena edición. Celebrouse o domingo, 14 de xuño, percorrendo, nesta ocasión, unha parte da Ruta de Sendeirismo MIÑO-EO, aló polas terras de Meira. A distancia total foi de 12 km, aproximadamente. Participaron máis de 50 persoas. Ao ramatar a ruta, despois de dar boa conta das pronunicadas subidas e baixadas -que llo pregunten a algún que sei eu- e de contemplar as fermosas paisaxes da Serra de Meira -un pouco agochadas, iso si, por mor da néboa- houbo que repoñer forzas cunha suculenta comida en Casa Horacio no Chao de Pousadoiro. Nos postres non faltou a divertida, fina e incisiva intervención do mantenedor oficial para estas ocasións. A cuota estipulada foi de 20 € por adulto (inclúía a comida e o autobús), sendo de balde para os menores acompañados. O traslado dos participantes nesta ruta fíxose en autobús dende Vilalba deica o Pedregal de Irimia, con saída ás 9,00 horas e retornamos pola tardiña, a iso das 7 da tarde, tamén en autobús. Dende que ramatou esta ruta, os membros da Xunta Directiva do IESCHA xa están facendo os preparativos para a seguinte, que se vai levar a cabo en Camariñas, aló polo mes de setembro. Nesta ocasión haberá menos costas, ou cando menos, a ruta estará catalogada de dificultade baixa -segundo a táboa oficial prevista para estes mesteres-. |
|
|
CONFERENCIA SOBRE RAMON PIÑEIRO |
|
Conferencia RAMÓN PIÑEIRO E A GALICIA DO S.XX VENRES, 29 DE MAIO DE 2009 -20,30 horas SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CULTURAL E RECREATIVO DE VILALBA O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba organizou unha nova conferencia o venres, día 29 de maio, ás 20.30 horas no Salón de Actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba. Foi impartida polo escritor e filósofo vilalbés, ANTÓN BAAMONDE e levaba por título RAMÓN PIÑEIRO E A GALICIA DO SÉCULO XX. A presentación correu a cargo de Bernardo García Cendán. O IESCHA culmina así os actos organizados no mes das Letras Galegas: primeiro foi Pilar García Negro, quen nos falou das evidencias e necesidades do idioma galego; logo, organizamos unha a viaxe a Santiago de Compostela para asistir á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do noso idioma, acto para o que tamén deseñamos unhas camisetas co lema “Fala galego, non sexas pailán”. BREVE RESEÑA BIOGRÁFICA Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes, Sobre o tempo e outros desatinos, A rosa sen porqué e o libro de entrevistas, La reinvención de España; ademais de participar no libro colectivo Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista. Animou a revista e o foro "Luces de Galicia" e colaborou na sección de opinión de La Voz de Galicia. Colabora no diario El Pais, na edición de Galicia. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.
VER CARTEL ANUNCIADOR VER VIDEO ENTREVISTA CON ANTÓN BAAMONDE |
|
|
POLA DEFENSA DO NOSO IDIOMA |
|
VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA MASIVA PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA DOMINGO, 17 DE MAIO DE 2009 -9,30 horas SAÍDA DA CASA DA CULTURA DE VILALBA O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba, organizou unha viaxe a Santiago de Compostela para asistir á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do noso idioma, que tivo lugar o domingo, día 17 de maio. A saída de Vilalba, produciuse o propio domingo, ás 9.30 horas dende a Casa da Cultura, regresando de Santiago ás 17 horas do mesmo día. O prezo do autobús foi de 5 € para os/as socios/as do IESCHA, e 10 € para os non socios. Para os menores acompañados foi de balde. Para este mesmo acto o IESCHA deseñou unhas camisetas co lema “Fala galego, non sexas pailán”. A manifestación foi unha das máis numerosas que se recordan en Galicia, coa asistencia de preto de 50.000 persoas que, baixo unha choiva persistente, esixiron algo tan elemental como a defensa da lingua propia dos galegos: o idioma galego. |
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
| | Resultados 11 - 15 de 24 |
|
¿Quen está en liña?
Hai 24 convidados en liña
|