|
ROSALIA, ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA |
PRESENTACIÓN DO LIBRO "ROSALÍA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SÚA TERRA" DE FRANCISCO RODRÍGUEZ
O Instituto de Estudios Chairegos e o xornal Terra Chá Xa organizaron a presentación do libro de Francisco Rodríguez "Rosalía de Castro, estranxeira na súa terra", nun acto que tivo lugar o venres, día 10 de febreiro de 2012, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.Este libro de Francisco Rodríguez é unha obra que ofrece unha lectura partindo do contexto da poeta, do coñecemento explicativo e causal da súa obra íntegra, para traela á marcha da historia, coa súa incomparábel e única lucidez e tormento. Tal como se xerou e como combateu, na súa tendencia e intencionalidade. O libro desenvolvido para informar, explicar e valorar, con máis fundamento de causa, deitando máis luz, Rosalía e a súa obra.
Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. (A persoa e a obra de onte a hoxe)Unha obra de Francisco RodríguezNo 2010 cumpríronse 125 anos da morte de Rosalía.. Este libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer conscientes do noso propio valor, neste caso do valor dunha obra literaria e dunha muller, Rosalía de Castro, que transcenden o campo da literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego, e tamén dunha perspectiva da historia e do mundo xenuína e moi esclarecedora, imprescindíbel. Mantendo o rigor analítico e o manexo de fontes históricas abondosas, característicos do seu autor, é un texto de fácil, entretida e suxerinte lectura. De seguro que vai incitar a reler a obra rosaliana, nuns casos; noutros, a lela na súa totalidade; en moitos, a achegarse a ela por primeira vez con interese e devezo. Sempre nos vai descubrir a personalidade auténtica de Rosalía, libre dos prexuízos e estereotipos aínda dominantes. Da súa man, e grazas á súa experiencia e obra, chegaremos a ter resposta a moitos interrogantes sobre nós mesmos, como pobo, e a nos orientar mellor no medio de tanta confusión. Sendo unha análise específica dunha obra literaria concreta, que tamén axuda a visualizar, de forma efectiva, á súa autora, é, ademais, este libro unha ventá aberta para comprender un mundo, aínda en grande maneira rosaliano. (www.as-pg.com)
|
| |
|
|
CONFERENCIA DE IGNACIO RAMONET |
|
CONFERENCIA A CARGO DE
Ignacio RAMONET
“A EXPLOSIÓN DO XORNALISMO”
DOMINGO, 27 DE NOVEMBRO DE 2011 – 19:30 h.
CENTRO CULTURAL E RECREATIVO DE VILALBA
O vindeiro domingo, 27 de novembro, Vilalba terá a oportunidade de escoitar as reflexións de Ignacio Ramonet (Redondela, Pontevedra, 5 de maio de 1943), xornalista galego establecido en Francia -onde na actualidade dirixe a edición española de Le Monde Diplomatique- e unha das figuras máis importantes do movemento antiglobalización.
Convidado polo xornal A Voz de Vilalba e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), Ramonet pronunciará unha conferencia no Centro Cultural e Recreativo ás 19:30 horas. O tema da mesma será “A explosión do xornalismo”, que coincide co título do seu último libro (Madrid, Clave Intelectual, 2011), onde reflexiona sobre a prensa escrita nun intre histórico onde o ecosistema mediático mudou a causa da revolución dixital e o desenvolvemento das redes sociais.
Ignacio Ramonet estará acompañado polos xornalistas vilalbeses Ramón Chao e Moncho Paz. De feito, a súa presenza en Vilalba forma parte do proceso de reconciliación de Chao con Vilalba, onde regresou o pasado mes de abril para participar nun acto de similares características organizado polas mesmas entidades.
Natural de Galicia, Ramonet creceu en Tánxer onde os seus pais, republicanos españois que fuxían de Franco, instaláronse en 1948. Estudou na Universidade de Bordeaux e regresou a Marrocos. En 1972 trasladouse a París, onde se iniciou como xornalista e crítico cinematográfico. É doutor en Semioloxía e Historia da Cultura pola École deas Hautes Études en Sciences Sociais (EHESS) de París e catedrático de Teoría da Comunicación na Universidade Denis-Diderot (París-VII).
Especialista en xeopolítica e estratexia internacional e tamén consultor da ONU, actualmente imparte clases na Sorbona de París. Dende 1990 ata 2008 foi director da publicación mensual Le Monde Diplomatique e a bimensual Manière de voir. É cofundador da organización non gobernamental Media Watch Global (Observatorio Internacional dos Medios de Comunicación) da que é presidente.
Un editorial escrito en Le Monde Diplomatique durante 1997 deu lugar á creación de ATTAC, cuxa labor foi dedicar orixinalmente á defensa da taxa Tobin. Na actualidade dedícase á defensa dunha gran variedade de causas da esquerda política e ten como presidente de honra a Ignacio Ramonet. Foi tamén un dos promotores do Foro Social Mundial de Porto Alegre.
É Doutor Honoris Causa da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina). Ignacio Ramonet foi galardoado en numerosas ocasións e é autor de varios libros, a maioría traducidos a diversas linguas. |
|
| Presentación do libro A Cova do Adeus Libro primeiro das crónicas do país mítico no que sempre chove de Vicente Piñeiro Venres, 18 de novembro de 2011 – 20,30 horas CASA DA CULTURA DE VILALBA |
O Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba edita un novo libro pertencente a colección Biblioteca Chairega. É o número 19 e leva por título: “A Cova do Adeus. Libro primeiro das crónicas do país mítico no que sempre chove”, do que é autor o escritor lucense Vicente Piñeiro. Esta novela recibiu o Premio Pedrón de Ouro correspondente ao ano 2005. O acto de presentación do referido libro terá lugar o vindeiro venres, día 18 de novembro de 2011, ás 20,30 horas na Casa da Cultura de Vilalba. Intervirán: Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA; José-Luis Novo Cazón, profesor, historiador e escritor, e Vicente Piñeiro González, topógrafo e autor do libro. O rei Cintoulo do país mítico onde sempre chove, quere casar á súa filla a princesa Xila. Para iso van pasando diversos pretendentes pola cidade de Bría que piden a súa man. Entre eles preséntase o rei Tuba de Oretón que tamén é bruxo. E como o rei Cintoulo non accede a concederlle a man da súa filla, Tuba de Oretón, de acordo co seu consello de magos, decláralle a guerra e anuncia que se casará coa princesa. Polas boas, mellor. Polas malas, tamén. Para loitar contra el, o rei Cintoulo manda a Xan Soldado recrutar personaxes e seres da mitoloxía galega, sobre todo ao Home Deus que vive na Illa de Ons…
VICENTE PIÑEIRO GONZÁLEZ (Lugo 1954) é Topógrafo e dedicou a súa vida profesional a traballar na Enxeñería Civil. Poeta, dramaturgo e narrador. Autor de 11 libros de poesía, moitos de cuxos poemas foron publicados en antoloxías nacionais; sete novelas, e catro libros de relatos para os máis novos; ten dez obras de teatro, as cales algunhas foron representadas en Galicia, Arxentina e Cuba. O seu poema “Señor as túas pupilas son moi azuis” mereceu o Premio de Poesía do XXIX Certame literario do Excmo. Concello de Vilalba 2003, e a “Cova do Adeus” o Pedrón de Ouro no ano 2005.
|
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
| | Resultados 1 - 5 de 58 |
|
¿Quen está en liña?
Hai 74 convidados en liña
|